Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Sendeirismo

25 de febreiro: CAMIÑO DOS FAROS I (MALPICA-PUNTA NARIGA) Xa Non quedan prazas
25 de febreiro: CAMIÑO DOS FAROS I (MALPICA-PUNTA NARIGA) Xa non quedan prazas
Data:
25/02/2018
DATA: 25 de febreiro XA NON QUEDAN PRAZAS
LUGAR: Malpica (A Coruña)
SAÍDA: ás 8:00 h dende o Club
CHEGADA: ás 21:00 h a Vigo

O Camiño dos Faros: 200 km de pateo pola beira do mar

Todos coñeciamos as espectaculares paisaxes e moitas rutas polos acantilados e praias da Costa da Morte. Pero ata que Os Trasnos xuntaron as existentes, abriron novas e marcaron os 200 km de pateo pola beira do mar, desde Malpica de Bergantiños ata a fin do mundo, que nós chamamos Fisterra non nos imaxinabamos que podía existir unha ruta completa e espectacular: a que se plantexa desde o club para realizar en varias etapas. As primeiras, dun día, pois as horas de luz son escasas. Haberá outras de fin de semana.
O 25 de febreiro faremos a primeira etapa. Iremos desde Malpica pola costa acantilada de San Adrián coa impresionante compañía das illas Sisargas. Chegaremos a namoradiza e feituqueira Punta Nariga, onde nos recibirá o facho máis moderno de Galicia diseñado polo arquitecto César Portela cun precioso traballo en bronce na proa do escultor de Nerga-O Hio-Cangas Manolo Coia (escultura que representa unha figura entre humano e gaivota a punto de voar) .

Prezos: Socios 12€ (Inscrición antes do día 16 de febreiro 10€)
Non socios: 15€ (Inscripción antes do día 16 de febreiro 13€)

Anímate!!!
Data limite de inscrición:
20/02/2018



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net