Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Sendeirismo

21 de xaneiro. SENDEIRO CIRCULAR DE PAZOS DE ARENTEIRO
21 de xaneiro. SENDEIRO CIRCULAR DE PAZOS DE ARENTEIRO
Data:
21/01/2018
DATA: 21 de xaneiro
LUGAR: Pazos de Arenteiro (Boborás-Ourense)
SAÍDA: desde avda. das Camelias (en frente do club) ás 9:00 h
CHEGADA: ás 20:00 h a Vigo

O roteiro, circular, vai na súa meirande parte polo Concello de Boborás. Partimos de Pazos de Arenteiro que está declarado Conxunto Histórico Artístico desde o ano 1973 xa que posúe sete pazos de antigos señores ou da Orde de Malta que foron erguidos entre os séculos XVI e XVII arredor da igrexa románica de San Salvador.
Por corredoiras, entre viñedos, carballeiras ou fragas, vamos pasando por varias aldeas ou parroquias, coma Laxas, Gontelle, Cameixa, Moldes, Paradela, Cimadevila, Cabo de Vila, Cabanelas e Fondo de Vila. Moitas delas tamén con señoriais pazos.
E un punto de singular historia que atoparemos polo camiño será a fortaleza medieval de Cavadoso: "que constitúen un dos exemplos máis paradigmáticos no que a fortificacións e construcións medievais se refire, presentándose como unha referencia dentro do contexto medieval da comarca do Carballiño".

PREZO BUS:
Socios 12 €
Non socios 15 €
Data limite de inscrición:
17/01/2018



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net