Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Bici de Montaña

14 de xaneiro. SAÍDA DE BICI DE INICIACIÓN: GOIÁN
14 de xaneiro. SAÍDA DE BICI DE INICIACIÓN: GOIÁN
Data:
14/01/2018
DATA: 14 de xaneiro
HORA: 10:30 h
LUGAR: embarcadeiro de Goián (Tomiño)

Comezamos o ano cunha ruta de bici faciliña. De iniciación con percorrido chán.
O percorrido comeza e remata no embarcadeiro de Goián, que é o punto de encontro. Se non sabedes como chegar pinchade no enlace que hai máis abaixo.
De alí iremos cara A Guarda, habendo sempre a posibilidade de dar volta cando se desexe. De non ser así chegaremos ata esta vila e daremos volta ao punto de saída (35 km entre e ir e volver).
Ao finalizar a ruta, para todos aqueles que se anoten previamente, hai posibilidade de comer en Goián. O menú: empanada, churrasco, bebida, postre e café, cun prezo de 12 €.
Data limite de inscrición:
10/01/2018



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net