Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Esquí

28 de xaneiro. ACTIVIDADE DE INICIACIÓN AO ESQUÍ DE TRAVESÍA. XA NON QUEDAN PRAZAS
28 de xaneiro. ACTIVIDADE DE INICIACIÓN AO ESQUÍ DE TRAVESÍA. XA NON QUEDAN PRAZAS
Data:
28/01/2018
DATA:28 de xaneiro
LUGAR: Estación de esquí de Manzaneda
HORA SAÍDA: 08:00 dende Celtas
HORA DE REGRESO: 21:00 chegada estimada a Vigo

XA NON QUEDAN PRAZAS

Dado que a cantidade de material de esquí que temos no Club é limitado, faremos unha xornada de ascensión con esquís e descenso, e tamén unha practica de utilización do ARVA.
Actividade destinada a socios sen experiencia e interesados en achegarse ao esquí de Travesía, pero que xa esquíen en pista, aínda que sexan principiantes.
O transporte será en vehículos particulares. A actividade iniciarase sobre as 10:00 da mañá na estación de esquí de Manzaneda, farase un percorrido pola estación Manzaneda.
As practicas a realizar son:

• Poñer e quitar peles de foca.
• Calzado e descalzado de esquís.
• A trazada.
• Volta progresiva.
• Volta maría ao monte.
• Utilización de alzas.
• Baixada con peles de foca.
Data limite de inscrición:
24/01/2018



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net