Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Cultural e MedioAmbiente

18 novembro. PEQUEMARCHA E MAGOSTO NO MONTE ALOIA
18 novembro. PEQUEMARCHA E MAGOSTO NO MONTE ALOIA
Data:
18/11/2017
DATA: 18 novembro
LUGAR: Monte Aloia
COMEZO: 11h refuxio do club no Monte aloia
REMATE: 18h no Refuxio do Club no Monte Aloia

Esta Pequemarcha é a última do ano, e como os últimos anos despediremos a tempada 2016 con castañas, roscón e chocolate, e ¡como non! facendo un bonito roteiro, ademáis, tamén a tan esperada peque-marcha-orientación.

Para facer todo esto hai que traer (NON ESQUEZADES):
200gr de castañas, por familia, co corte feito para que non estoupen
Unha cunca para tomar o chiculate.
Xornais, para facer cucuruchos. (Papis/mamis, practicade na casa, que logo quedamos fatal)

ATENCIÓN: prazas limitadas. Por orde de inscrición. (que logo o chiculate non chega...)

PREZOS:
Nenos socios, 1 (menores de 2 de balde).
Non socios: 2€
Adultos socios club: 3€;
Non Socios: 5€.

INSCRICIÓN: Ata o xoves 16 de novembro
Por suposto, se os elementos non o permiten. Caso de suspensión ou aprazamento, colgaremolo na web e mandaremovos un e-mail.
Data limite de inscrición:
16/11/2017



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net