Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Podes consultar toda a información das actividades pasadas pinchando no botón "Actividades Pasadas".
15.07.2017
DATAS: 15 e 16 de xullo
LUGAR: Bamio (Vilagarcía de Arousa)
Este ano tócanos costa (cámping, praias, illas, churrasco, ….). O lugar escollido Vilagarcia de Arousa, aloxándonos no Cámping Río Ulla (www.campingrioulla.com), situado no lugar de Bamio, na desembocadura do Río Ulla e a 2 km de Carril, onde se atopa a Illa de Cortegada.
O campamento dará comezo o sábado a partir das 12, coa recepción das persoas participantes. Despois de xantar poderemos gozar dun paseo ou unha ruta en bici. Pola noite prepararemos e degustaremos todos xuntos un delicioso churrasco á cargo da organización.
O domingo pola mañán teremos á nosa disposición piraguas, esta vez sen monitor pero cun compañeiro/a de guía, para realizar un percorrido pola Ría de Arousa . Tamén hai a posibilidade de visitar a Illa de Cortegada, para o que imos contar cunha embarcación que nos achege ata alí.
PREZOS ALOXAMENTO:
* 0-5 anos de balde
* 6-12 anos: socios de balde / non socios 7 €
* >12 anos: socios 9€ / non socios 14 €
NOTA: Ao anotarse hai que indicar as actividades que se queren realizar (sendeiro, bici, kaiak, visita Illa Cortegada)

PARA SABER COMO CHEGAR AO CAMPING PREME NO ENLACE



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net