Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Podes consultar toda a información das actividades pasadas pinchando no botón "Actividades Pasadas".
28.05.2017
DATA: 28 de maio
LUGAR: Serra do Candán (Lalín-Forcarei)
HORA DE SAÍDA: 8:30 desde Montañeiros Celtas
HORA DE CHEGADA: 20:00
NIVEL DE DIFICULTADE: Media

Trátase dun atractivo e variado roteiro que discorre polo concello pontevedrés de Forcarei, e que nos vai permitir percorrer zonas abertas da Serra do Candán, espazo protexido incluído dentro da Rede Natura, xunto aos fermosos e valiosos bosques que tapizan o fondo dos vales. 

Tamén visitaremos Grobas, una das aldeas abandonadas con maior encanto da rexión, situada nun enclave montañoso de excepcional beleza, pegada ao río, e á que nunca chegou a luz nin o asfalto.

PREZO
Bus: socios 10€ non socios 14 €

Máis información:
17.06.2017
DATAS: 17-18 xuño
LUGAR: O Barco de Valdeorras (Ourense)-Carracedo (León)
SAÍDA: 17 xuño ás 8:30
REGRESO: 18 xuño ás 20:00
ALOXAMENTO: albergue de Vilamartín
PREZO ALOXAMENTO: 17,50 € (aloxamento en albergue, cea sábado e almorzo domingo)
PREZO BUS: 28 € socios e 36 € non socios

Continuamos camiño por terras de Valdeorras e adentrándonos na provincia de León.
O sábado comezaremos no Barco de Valdeorras, para proseguir no concello de Rubiá e acabar na Veiga de Cascallá, onde nos recollerá o bus.
O sábado visitaremos unha adega en Vilamartín de Valdeorras

O domingo iremos de Veiga de Cascallá a La Barosa (León), pasando por Porto e pola Serra da Enciña da Lastra.

Nota: Hai que levar saco de durmir para o albergue.



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net