Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Podes consultar toda a información das actividades pasadas pinchando no botón "Actividades Pasadas".
30.01.2020
FEDERACIÓN GALEGA DE ESPELEOLOXÍA
LICENCIAS DEPORTIVAS 2020

Xa pode tramitarse a licencia deportiva para o ano 2020. Ten validez por ano Natural do 1 de xaneiro ao 31 de decembro.
Como sabedes, estar federado dá dereito, entre outras vantaxes, a:
Participar nas actividades federativas
Participar nos cursos da Escola
Usar os refuxios galegos
Participar en competicións oficiais da federación

As licencias deportivas conteñen un seguro de accidentes que cubre os accidentes sufridos na práctica do teu deporte segundo a modalidade elexida.


infórmate nas oficinas do Club das condicións particulares e descontos de licencias para as nosas socias e socios.

Fedérate!!!



31.01.2020
FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO
LICENCIAS DEPORTIVAS 2020

Xa pode tramitarse a licencia deportiva para o ano 2020. Ten validez por ano Natural do 1 de xaneiro ao 31 de decembro.
Como sabedes, estar federado dá dereito, entre outras vantaxes, a:
Participar nas actividades federativas
Participar nos cursos EGAM
Usar os refuxios galegos a prezos reducidos
Participar en competicións oficiais da federación

As licencias deportivas conteñen un seguro de accidentes que cubre os accidentes sufridos na práctica do teu deporte segundo a modalidade elixida.


Infórmate nas oficinas do Club das condicións particulares e descontos de licencias para as nosas socias e socios.

Fedérate!!!


01.02.2020
ORGANIZA:
FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO E CLUB MONTAÑEIROS CELTAS
DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN: 1 DE FEBREIRO DE 2020
Villablino (León) - Somiedo a La Cueta

 Travesía entre O porto de Somiedo - Cueta

Lugar da actividade: Travesía entre O porto de Somiedo - Cueta
Lugar da partida: Santa María do Porto de Somiedo 1.480 m.
Lugar de Chegada: A Cueta 1.446 m.
Data actividade : Sábado 1 de Febreiro do 2020 
Altitude máxima:069 m. Penachana
Desnivel : 960  positivos 1.000 negativos
Horario previsto: esquí: 5 h, raquetas:  5 h
Compromiso: forte
Orientación: SE – SO
Mapa: Parque Natural de Somiedo, A babia e Laciana Norte 1:25.000(andrados)
Dificultade: AD (Algo difícil)  Roteiros que entran xa no ámbito de Esquí de Montaña, pasaxes técnicos, pendentes longas de 35º, con tramos curtos de 40º-50º , a exposición xa é importante.
Para raquetas dificultade media con experiencia en roteiros de sendeirismo e montañismo. Capaz de andar 4 – 6 horas en ascenso percorrendo 600 m a 900 m de desnivel con mochila, sen esquecer o descenso.

Lonxitude total percorrido : 13  
Pendente máxima: 45º pasaxe SO Penacha
Descripción actividade:
Iniciamos o roteiro no amplo camiño que parte do extremo norte de Santa María do Porto Somiedo, , adentrándose polo NE  do Val de Ordial , colado dos pozos Fordachana e dende alí as ladeiras orientadas a SE , pasando por el Putracon 1.913 m. podemos alcanzar a Cima da Peña Salgada,.

Dende alí a primeira baixada pola loma meridional  do Pico, chegando ao fondo do Val de Brañaqueimada.

Dende alí iniciase o ascenso ao Penecha 2.069 m. pasando polo Alto do Rañadoiro 1.747 m., se fai una travesía horizontal a dereita, sen perder altura, e pasa por enriba dunha cabana para subir directamente cara a unha marcada canle profunda e estreita, facela con crampóns e piolet e os esquís na mochila, se é necesario.

Existen varias líneas de descenso, canta máis ao SE son máis fáciles. Despois ven un camiño máis relaxado que percorre todo o val ata chegar a Cueta.

Hora saída: 09:30 horas dende o aparcadoiro preto do restaurante O Coronel Porto Somiedo.
Procurar chegar con tempo xa que non se retrasa a hora de saída, xa que teremos problemas para conseguir sitio para aparcar os vehículos.

Loxística de vehículos: Deixaremos un par de vehículos na Cueta antes da actividade, a primeira hora, que trasladaran despois aos conductores dos outros vehículos que están no punto de saída no Porto de Somiedo.
Material: Deberá levarse material propio para unha actividade de alta montaña en inverno.  Débese revisar que o material de esquí e raquetas está en bo estado. Gorro, luvas, polainas, roupa de abrigo e impermeable, gafas de factor 3 ou superior, crema protectora, frontal, comida, bebida. Material adicional: Piolet e crampóns. Obrigatorio material de seguridade de esquí de travesía: ARVA, pala e sonda. 
Cambios na actividade: A organización pode cambiar ou suspender a data e o lugar da actividad en función das condición metereolóxicas e da neve.
Albergue: dúas noites (venres e sábado) con almorzo a 43,50€
A cea do sábado custa 10,90€ pode encargarse aparte e temos que confirmar o número de persoas.

Camping Laciana Natura.

Dirección: CL-631, 63, 24112 Villablino, León

Teléfono: 620 28 70 72.

Temos reservadas 30 prazas.

Inscripcións :  Enviado a ficha de inscripción cos datos a  Club Montañeiros Celtas ou neste enlace.
Avisos a os participantes: Se abrirá un grupo de Whatsapp, para avisar a os participantes de posibles cambios de data, ou ruta.
Obrigatorio: Ficha Federativa en vigor ano 2020.





Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net