GREDOS ‘99
Chegamos a Vigo o día 17 de Maio as 20.45 horas dempois de pasar a ponte do Día das Letras Galegas na Serra de Gredos. Atrás quedaban uns días de esforzo supremo gracias as mentes diabólicas da organización.
O sufrimento comezou xa dende as 24 horas do día 14 cando saímos de Vigo. Pasar 8 horas e media sentado nun autobús onde os sionllos tocan o asento que tes diante constitúe unha tortura solo imaxinable por mentes maquiavélicas, ¿e que dicir cando che entran as ganas de puxar ou de mexar e tes que aguantarte co malo que é iso para a vexiga?. Acaso non existen autobuses amplos con butacóns, liteiras, mexadoiro, sala de xogos e bar para poder chegar descansado e relaxado o lugar de celebración da actividade tal como merecen os deportistas de elite. A organización debe ter en conta os adelantos que se están a producir en materia de autobuses e non condenarnos a pasar 9 horas das nosas vidas unha situación solo imaxinable no cono sur.
Cando chegamos o campin a situación non mellorou en absoluto, cos bos campins que hai po-lo mundo e a nós nos toca o que ten coma toque de diana a sinfonía numero ún para corvo e outros paxaros, impresentable!. A organización ten que consultar as guías de campins e seleccionar o mais axeitado, aquel que conte cos adiantos do campismo moderno, piscina, solarium, sauna, scuach, tenis, equitación e unha ampla carta de viños e pratos para un bono xantar.
Agora bou a pasar o relato das actividades que realizamos, como veredes a organización non pensou nada no benestar e confor do montañeiro. Salimos do camping no vetusto autobús cara a Plataforma onde comezamos a camiñar hacia os Barrerones, neste treito o único que atopamos para refrescarnos e calmar a nosa sede foi auga, cando chegamos a Laguna Grande sitio ideal para refrescarse e darse un bono baño a auga estaba xeada e o risco de colle-la reuma foi moi grande. Unha vez que chegamos o refuxio Elola siguin decepcionado, o refuxio e amplo e esta ben coidado, pero ¡que prezo! 300 pts/1.80 e. por unha lata de cocacola. Escomenzamos a ascensión o Almanzor po-la canal de Portilla Bermeja para logo desviarnos a Portilla del Crampón, neste punto a organización seguía facéndonos sufrir, ¡que costa para que a suba un cristián! Unha vez que alcanzamos o cumio a miña alegría era moi grande pero enseguidiña se me pasou xa que neste cumio solo collían dúas persoas a vez. A organización ten que lexir picos de cumes amplas onde se poda comtenplar a panorámica e conversar cos compañeiros sen facer equilibrios, botar unha cabezadiña e porque non, tomar un grolo de viño comodamente. A baixada foi o peor, sentei o cu po-lo menos vinte veces na neve, eiqui si notei un certo interés da organización po-la saúde das miñas almorrás.
O segundo día, dempois de escoitar o concerto para corvo solo, salimos hacia a Plataforma nas mesmas condicións que o día anterior, digo mal, as condicións eran moito peores, o tempo era pésimo, néboa, chuvia e frío. Moi mal, moi mal, a organización ten que consultar os partes meteorolóxicos través de internes e prever coa anticipación suficiente este tipo de situacións atmosféricas. Camiñamos baixo a chuvia e a néboa hasta a Peña Mira onde milagreiramente a chuva cesou e a néboa despexou podendo contemplar os Galayos en todo o seu explendor, a organización tivo sorte, incluso contamos con un miradoiro para fotografar os Galayos. A partir de este punto a camiñeira fisose eterna saltando de penedo en penedo entre matos, subindo e baixando cumes para despois de 11 horas chegar o Puerto del Pico. Sudoroso e esgotado cheguei o canpin sir ter un masaxista que coidara as miñas cansadas pernas.
O día da salida foi xa a apoteose do mal funcionamento da organización, o día escomenzou (coma os días anteriores) as 5.30 horas co 3º concerto para corvo solo. Un pouquiño antes de comenzar a erguerme comenzou a chover e xa non deixou de facelo hasta chegar a Salamanca onde houbo que comer a presa e non puden mirar os monumentos alemans e amarícanos que se pasean po-la rúa. Cando xa tiña no bote a un destes monumentos tuven que deixalo plantado e saír correndo para poder estar a hora no autobus. A organización debe velar po-las relacións humanas e o acercamento das culturas, dando o tempo necesario nas paradas para que si a un ou unha lle surxe un compromiso urxente poda atendelo coma e debido.
Pídolle a organización que reflexione sobre estes puntos e poña os medios necesarios para que a realización das actividades estean rodeadas de todo o confort que nos merecemos, ou sea que estemos igual de atendidos coma cando estamos na casa coa nosa naiciña. ¿Porque, que pasaría si me salira unha vichoca ou tivera unha deposición profusa e liquida? ¿vendria o licotero a rescatarme? ¿pagarame a organización os danos contra a miña imaxe?.
O que non entendo moi ben é que a pesar de todos estes inconvintes cada vez que miro a lista de actividades no clube sinto un impulso irresistible de apuntarme, e a pesar das malas experiencias sigo salindo cada vez que hai actividade. Será porque no fondo me gusta a montaña e disfruto moito con ela.
Celtis Lupus
ARCO SUR: 8ª ETAPA
Se oye el ruido de un motor, faltan 10 segundos para las 10 de la mañana, no me creo que sean ellos, seis, cinco,..., las 10 en punto y ahí va ...!, son ellos, justo a la hora, increíble pero cierto.
Antes de iniciar la marcha, rendimos visita a Rebordechao, precioso pueblo de montaña, en la falda sur de San Mamed, calles estrechas y empedradas, a trozos abovedadas, ya que la construcción popular aprovecha cualquier espacio y por que no? Un salón justo encima de la calle para ver las vaquiñas.
A las 10.45, el aguerrido grupo de 15 montañeros, enfila la pista que ataca la vertiente sudoeste de la sierra, pasamos por Vegas de Alzada hasta alcanzar el cercado donde se crían venados, no vemos ninguno, pero haberlos hailos! enseguida pasamos bajo el Penedo Negro y el Penedo das Mozas, antes de alcanzar la cumbre del San Mamed a 1618 m.
Hoy el día es diáfano, aunque un fuerte, frío y desagradable viento nos acompaña ( hay que quejarse de algo), la Sierra de Queixa se alarga hasta Manzaneda, el Arco Sur se contempla en todo su recorrido, hay que tener en cuenta que estamos en el punto mas alto de todo el proyecto, al norte vemos las sierras de Faro, Martiña y Meda, ya ascendidas, al sur la Sierra de Larouco nos espera.
El regreso lo hacemos por la vertiente S.E., por caminos y cortafuegos, cerrando un circulo casi montañosamente perfecto, hasta la aldea de Hermida, donde cruzamos el Río Arnoia.
De regreso a Vigo, parada en Allariz a reponer fuerzas, ¿Bar Sevilla?, ¡no sé! pero es igual y ya empezamos a pensar en las próximas etapas, que inexorablemente iremos completando. La primera de ellas realizada el día 2 de Mayo entre Rebordechao y Freande de una longitud 35 km. Esta longitud fue debida a que la organización recibió quejas por la baja dificultad del recorrido de la 8ª etapa. La siguiente por tanto nos llevará hasta el alto de las Estivadas y a continuación llegaremos al pie de la Sierra de Carouco.
G.R.
ROTA do MEDIOEVO
GR 50
27 JUNIO 1999
RECORRE UN SENDERO CON NOSOTROS
SALIDA DEL CLUB MONTAÑEROS CELTAS A LAS 8 H.
RECORRIDO: CERDIDO – MONTE TEXÓN – ARÓN – VILARNOVO – SERRA DA CAPELADA – CAMPO DOS CARRIS – SAN ANDRES DO TEIXIDO.
DIFICULTAD: MEDIA, TIEMPO TOTAL: 5 HORAS
Este sendero de Gran Recorrido, marcado por la Sociedad de Montaña Artabros de A Coruña, tiene una longitud de 90 Km, parte de Betanzos hacia Cabo Ortegal, discurriendo por lugares de intenso sabor medieval, como: La Espenuca, los monasterios de Monfero y Caaveiro, los castillos de Narahio y Moeche o el Santuario de San Andrés do Teixido.
LA ETAPA CERDIDO–SAN ANDRES DO TEIXIDO
Saldremos de la iglesia de San Martín (Siglo XVII), en Cerdido, llaneando hasta Arón, donde se inicia el ascenso a la Sierra Capelada, por el antiguo sendero a San Andrés do Teixido.
Pasaremos por parques forestales, acondicionados para la comida y donde poder efectuar placenteros descansos según necesidades, antes de llegar al Campo dos Carrís, desde el que nos asomaremos por espléndidos miradores sobre el litoral, los acantilados alcanzan los 600 m. de caída a la altura del Vixía Erbeira.
Enseguida se inicia un rápido descenso hacia el Santuario de San Andrés do Teixido, donde, según la tradición: " A San Andrés de Teixido, vai de morto o que non foi de vivo".
PIRINEOS'99
TORLA 31 JULIO – 8 AGOSTO
VIGNEMALE (3298)
MTE. PERDIDO (3355)
ORDESA
CAÑON DE AÑISCLO
BUJARUELO
BRECHA DE ROLANDO
GRUTA CASTERET
El sábado 31 de Julio se dedicará a montar el campamento, visitar Torla o a aquella actividad que cada uno quiera realizar.
La organización tiene previstas siete actividades de una jornada, para realizar desde el domingo día 1 hasta el sábado día 7, que se irán efectuando de acuerdo a lo que el tiempo aconseje, decidiéndose cada día por la tarde lo que se va a hacer el día siguiente.
El precio incluye: Ida y vuelta de Vigo en autobús, y pago del camping.
Es recomendable la Licencia en vigor, IMPRESCINDIBLE para las alternativas de dificultad, la marcha de Gran Fondo y actividades con el grupo de espeleología.
NOTICIAS
PRÓXIMAS ACTIVIDADES
JUNIO
5-6 Acampada y Piragüismo
12-13 Parapente
12-13 Marcha con vivac ‘Los Aquilianos’ - F.G.M. / Peña Trevinca
19-20 Parapente
26-27 Recorre un sendero con nosotros ARuta do Medievo@ GR-50
26-27 V Descenso de barrancos – F.G.M. / C.M. Xistra