EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA 2004
POLONIA, SUÍZA, FRANCIA, ESPAÑA, PORTUGAL, EE.UU...
son algúns dos países fotografados que se recollen entre
as 40 fotografías seleccionas polo xurado do III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
DE MONTAÑA organizado por MONTAÑEIROS CELTAS este ano, e
que podemos ver na Casa do Libro de Vigo dende o 17 ata o 30 de decembro
de 2004.
NEVE, XEO, NÉBOA, cascadas, estanques, lagos, ríos...
son algunhas das distintas formas en que podedes ver a auga na exposición.
Con árbores, sen árbores, por dentro, por fóra,
con luz natural, con luz artificial, con xente, sen xente... ben... mellor
que vola conte, é que veñades vela... unha colección
de 40 fotografías interesantes e variadas nas que poderedes gozar
da montaña sen pasar nada de frío... bromas aparte... non
a perdades. Moitos de vós participastes no concurso. Douvos as gracias
en nome do club e de toda a xente que gozamos contemplando esas preciosas
imaxes. Vémonos na "expo"... un saúdo,
Isabel Maestu
Premiados 2004
1º Premio
.
“MONNEGRE-1”
Carlos Verdú Belda
Amics de les Muntanyes
2º Premio
.
“CATARATA DE LUZ”
Marcos Veiga Bautista
Club Montañeiros Celtas
Premio Espeleoloxía
.
“MARTALINA”
Ignacio Rafael Ramos
Club Alpino Ourensán
Premio Alpinismo/Escalada
.
“UN MISMO DESTINO”
Begoña Landesa Torrado
Club Peña Trevinca - M.G.
Accésit (3)
.
“CORTINA DE AGUA”
Ramón Quíntana Sanz
G. Espeleología Abismos
.
“SIN PALABRAS”
Emilio Pérez Varela
Club Montañeiros Celtas
.
“REFLEJO”
Pere Font Ruíz
Centre Excursionista Olot
NOVAS
Expedición de Chus á Antártida
Chus Lago iniciou unha nova aventura o pasado 16 de decembro ao embarcar
cara a Antártida, vía Chile, xunto o seu amigo Miguel Ángel
Vidal con quen xa ten compartido actividades alpinas. Intentará
ascender en solitario o Monte Vinson, de 5.144 metros, podéndose
converter na primeira española que alcanza este cumio. Despois,
en compaña de Miguel, intentarán abrir unha nova ruta na
mesma montaña, a Ruta Galfrío en agradecemento o seu patrocinador.
Ten previsto o regreso a mediados do mes de xaneiro, e esperamos contar
unha vez máis cun relato propio da súa expedición.
Desexámoslle moita sorte e BO NADAL.
Relevo na dirección da EGAM
O novo director da Escola Galega de Alta Montaña é Antonio
Rodríguez Pena “Tony”, do Club Serra do Suido, dando relevo a Gustavo
Vázquez Fariña “Gus”. Dende aquí, dámoslle
os nosos parabéns a Tony e desexámoslle o mellor nesta nova
etapa ao fronte da EGAM, e tamén queremos agradecer o traballo desenvolvido
por Gus.
Na actualidade, a EGAM conta con 18 profesores en activo.
INFORMACIÓN XERAL DO CLUB
O Club estará pechado os venres 24 e 31 de decembro.
.
Exposición Fotográfica. Voto Popular
Os asistentes á nosa exposición da Casa do Libro, poden
elixir as tres fotos que máis lles gusten, participando deste xeito
na votación da Mellor Foto do Público, tendo a oportunidade
de gañar un cheque de 30 euros en material da tenda “VIGOFOTO Dixital”
na rúa Regueiro (preto da Praza da Independencia). A foto gañadora
desta votación será a que se utilice nos calendarios do ano
2006.
.
Recortes de prensa
Ao fin de ter un arquivo onde os socios podan consultar novas de montaña e do Club, solicitamos dos socios que cando atopen artigos en prensa relacionados coa montaña e o seu entorno, os deportes de montaña (incluíndo a bici, a espeleoloxía, descenso de barrancos, etc.) ou o Club, os achegue ao local social para incluír nunha carpeta a disposición dos socios.
Asemblea Xeral Ordinaria 2005
A Asemblea Xeral Ordinaria do vindeiro ano está previsto celebrala
o día 25 de febreiro de 2005, polo que será convocada probablemente
na reunión da Xunta Directiva do 24 de xaneiro, o que deberá
ser tido en conta polos socios que queiran presentar Propostas a debater
nesta Asemblea, ao efecto de ser incluídas na orde do día.
As Propostas dos socios deberán cumprir o establecido no artigo
25.6 dos novos Estatutos, polo que, de cumprirse o calendario previsto,
deberán presentarse antes do 19 de xaneiro (como mínimo 5
días antes da convocatoria), para ter a seguridade de que serán
debatidas na Asemblea Xeral Ordinaria.
Estatutos
Os novos Estatutos, que foron aprobados na Asemblea Xeral Extraordinaria
do 21 de maio de 2004, foron validados con data 2 de decembro de 2004,
polo Servizo de Deportes da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte
e Voluntariado da Xunta de Galicia, quedando inscritos no Rexistro de Entidades
Deportivas de Galicia.
Con este Boletín axúntase un exemplar dos Estatutos.
Ficha actualización de datos
Con este boletín axúntase unha Ficha para a actualización
dos datos dos socios. No caso de que os teus datos non sexan correctos
ou estean incompletos e co fin de actualizalos no noso ficheiro, rogámosche
que indiques os datos a corrixir ou ampliar. Tamén te solicitamos
que nos achegues unha foto actual, tipo carné (mellor envíaa
por e-mail).
Achegamos un sobre no que se deberá de introducir a Ficha unha
vez corrixida, e a de todos os socios que abonen a cota de forma conxunta
pola mesma conta bancaria (o sobre NON necesita selo. Tamén se pode
empregar para achegarnos a foto carné) e depositala nunha caixa
de Correos antes do 11 de xaneiro, entendéndose que de non recibila,
os datos de que dispón o Club son correctos e non desexa amplialos.
A Ficha tamén se pode obter na web do Club e enviala por e-mail,
no mesmo prazo.
CAMPIONATO SOCIAL DE ESCALADA
Lembrar que no próximo mes de febreiro terá
lugar os días 11 e 18 a partires das 19.00 h no muro do club o primeiro
campionato de escalada para socios e socias de 8 anos de idade en adiante.
O prazo para anotarse remata o día 4 de febreiro.
AXENDA
Sábado, 8 de xaneiro “Asemblea do Grupo de Exploracións Subterráneas e Cea”. Local Social Club
Venres, 14 de xaneiro “Esquí de montaña”, por Marcos. Charla e proxección de diapositivas. No Club ás 20.30 h.
Venres, 21 de xaneiro “To Colorado´s Fourteeners”, por Fernando Fernández Rei. Montañismo e escalada en USA, proxección dixital. No Club, ás 20.30 h.
Venres, 28 de xaneiro “Montaña Vasca”, pola Sección de montaña. Proxección dixital. No Club, ás 20.30 h.
Venres, 4 de febreiro “Festa do Entroido”. No Club, a partires das 20.30 horas
Luns, 7 de febreiro
“Festa Infantil do Entroido”. No Club, de 18.00 a 20.30 horas.
BIBLIOTECA
NORMAS PRÉSTAMO BIBLIOTECA
? A duración do préstamo será de 15 días
para os libros e de 7 días para as
revistas e publicacións periódicas.
? O préstamo realizarase os xoves de 19,30h a 21,30h.
? Poderanse levar como máximo, ou ben 2 libros, ou ben 2 revistas
ou 1 libro máis unha revista.
? Os mapas non se prestarán. Poderase solicitar unha fotocopia
deles calquera día da semana e entregarase o venres ou outro día
acordado co/a interesado/a.
? O custe das fotocopias correrá a cargo do solicitante.
? Os libros que polo seu estado de conservación non sexa aconsellable
o seu préstamo, quedarán na biblioteca do club, podendo consultarse
nela.
? Para o préstamo de libros deberá cubrirse a ficha que
posúe cada libro, indicando o número de socio ao que se lle
fai o préstamo e a data de devolución. Na ficha que queda
no libro deberán constar os mesmos datos.
? Para o préstamo das revistas cubrirase na folla existente
na biblioteca o nome e número da revista, o número do socio
do solicitante e a data de devolución. Estes dous últimos
datos tamén constarán na ficha que levará pegada a
propia revista.
? O último número das revistas recibidas non se prestarán
ata que se reciba o seguinte número.
? A devolución dos préstamos poderá facerse calquera
día da semana, facendo dita devolución na secretaría
do club (de Martes a Xoves de 19 a 21,30h)
? Cando se devolva un libro ou revista en mal estado ou danado, o socio
que solicitou o préstamo correrá cos gastos de reparación
ou reposición se é o caso. No caso de extravío, considerarase
como reposición.
? No caso de que un socio reitere atrasos na devolución, será
sancionado de maneira segundo se considere.
.
Normas aprobadas pola Xunta Directiva o día 29-11-04
A Biblioteca do local social
LIBROS ADQUIRIDOS NO 2004
.
? Ubiña. Alta Montaña. Juan Delgado SZ, 1989
? Cuaderno de escalada en Asturias. Sebastián Abad Escuela Asturiana
de turismo activo y aventura, 2003
? Guía de Descenso de Cañones y Barrancos. Varias zonas.
Eduardo Gómez y Laura Tejero Barrabés 2004
? Crestas del Pirineo. Manel Borrell y Enric Faura. Barrabés,
2004
? Portugal. Sport onsight-bouldering. (en Portugués). David
& Carrie Atchinson-Jones Jingo Wobbly 2004
? 40 Aventuras al final del camino. Andrés Villar Murillo y
Rubén Suárez Carballo TresCtres, 2004
? Sierra de las Nieves. Simas, cuevas y barrancos. Manuel J. Guerrero
Sánchez La Serranía 2004
? Ferratas. Seguridad y Técnica. Pit Schubert Desnivel. 2004
? Planificación del entrenamiento en Escalada Deportiva. David
Macià Desnivel. 2002
? Cuerdas y Nudos de alta resistencia. Tino Núñez Desnivel.
2002
? 57 Escaladas invernales en los Picos de Europa. F. Alarcón,
S. Muñoz y M. A. García Crespo Desnivel. 2003
? La llamada del silencio. Joe Simpson Desnivel. 2004
? Peña Santa. La perla de los Picos. Isidoro Rodríguez
Cubillas Desnivel. 2004
? Una mujer en la Cumbre. Chus Lago. 2003
LIBROS DOADOS NO 2004
.
Doados pola Federación Galega de Montañismo (FGM):
? MONTAÑISMO Y TREKKING. Joaquín Colorado. Desnivel 2001
? MANUAL TÉCNICO DE DESCENSO DE CAÑONES. Edición
revisada. Escuela Francesa de Descenso de Cañones y Fed Francesa
de Desc Cañones.2004
? ORIENTACIÓN AVANZADA PARA ALPINISTAS Y PROFESIONALES. Máximo
Murcia. Desnivel. 2002
? ESCALAR EN ROCÓDROMOS. John Long. Desnivel.
? PROGRESIÓN EN GLACIARES Y RESCATE EN GRIETAS. Andy Selters.
2001
? CÓMO ESCALAR VIAS DE VARIOS LARGOS. 3ª edición
Ignacio Lujan y Tino Núñez. Desnivel. 2004
? TÉCNICAS DE MONTAÑA. Manual práctico para monitores
y guías Pete Hill y Stuart Johnston. 2002
? TECHOS DE ESPAÑA, LOS. 2ª Edición José
Martínez Hernández. Desnivel. 2001
? CUATROMILES DE LOS ALPES POR RUTAS NORMALES. Richard Goedeke. Desnivel.
1999
? ESCALADA LIBRE EN HIELO Y MIXTO. Jose Isidro Gordito. Desnivel
? NUEVO MANUAL DE GPS. Carlos Puch. Desnivel. 2003
.
Doado por José Rodríguez Oveja (Pepín). Presidente
da Federación Española de Actividades Subacuáticas
(FEDAS):
? MANUAL BUCEADOR 2 ESTRELLAS. FEDAS.
ACTIVIDADES SOCIAIS
O verán de San Martiño cumpriu coa súa fama, estábase
de marabilla no noso “chalé” do Aloia. O sábado, sobre as
sete da tarde, xa se acercaron as primeiras persoas, e comezamos a asar
as castañas.Os socios chegaron ao refuxio, uns andando (Pablo, Fernando
e Jose), outros en bici (Andrea e Pedro) e moitos en coches, pero poucos
quedamos a durmir, a pesar de que a noite era preciosa. Antes de meternos
nos sacos, un grupiño de catro persoas fomos dar o paseo para nós
obrigado... que noite máis bonita.
O domingo pola mañá, ás dez xa estabamos pelando
patacas, cenorias... Ó pouco chegou Toñi, o xefe cociñeiro,
con Ángeles de pinche maior, e púxose ós seus pucheiros.
Sobre as dez tamén chegaran Antonio Álvarez e Paquita
para organizar os xogos pero... os domingos péganse as sabas e a
xente chegou un pouco tarde. Cada un elixía xogar ó pateiro,
á petanca, ós zancos, ir de paseo, o día era idóneo
para os maiores e para os nenos que gozaron do lindo. Emilio (Banbán)
e Clara mostráronse particularmente interesados polos xogos da ra
que nos prestou Sebastián (o dono do bar veciño). O mesmo
Sebastián prestounos taboleiros, bancos e cabaletes para que as
55 persoas que comemos no Refuxio estiveramos todos ben “sentadiños”.
Grazas Sebastián.
Ás dúas estabamos listos e fomos a polo caldo. Creo que
resultou todo moi ben, a comida de Antonio estaba moi ben condimentada
e mereceu “a nosa medalla de ouro de chocolate”. Como o ano pasado, todo
o mundo puxo “a man á pata”, grazas a todos. Quedamos, para o ano
próximo, na mesma data, no mesmo lugar.
F.F.
SENDEIRISMO
SOMIEDO, 30-31 outubro - 1 novembro
É sábado. Son algo así como as 7 da mañá
e acabamos de chegar á porta de “Casa Celso”, onde durmiremos o
grupo que non faremos a travesía.
Din, xa que eu persoalmente durmín case toda a viaxe agás
a paradiña a media noite, o resto zzzz- que demos un par de voltas
por iso de non chegar tan cedo ao noso destino, Pola de Somiedo; e aínda
así esperamos encerradiños a frioleira de hora e media máis
ata que…., por fin, puidemos acomodar as mochilas. Que lugar tan acolledor,
estamos no faiado, con baño de xoguete (había que pórse
de xeonllos- é que crecemos un pouco de máis algúns-),
que calorciño, ten calefacción, todo un luxo de sitio.
Ben, en marcha chicos, os intrépidos da travesía toman
o seu rumbo e o resto faremos un sendeiro para visitar as Brañas
de Mumián. Que bonito, que contraste de cores, que bosques. Están
os cumios ademais coas primeiras neves… Por iso de non facer todo o primeiro
día, decidimos baixar á vila e non subir ó Pico Alto,
como inicialmente estaba previsto, estamos un tanto preguiceiros, cansos…
Hum! Que duchiña, que ben senta. Agora visitar a vila e a oficina
de turismo. Coñezamos un pouco a zona, cañita, cea e a durmir
que está unha noite de cans. Como estarán os aventureiros?.
Poderían montar as tendas?
Arriba, veña, vamos, son as sete e hoxe o sendeiro promete,
iremos por un val moi bonito. Mochila nas costas e despois dun soño
reparador sobre as nove dispoñémonos dende Santa María
del Puerto a iniciar outro días máis. Neve brandiña,
que gusto .eh!, un oso, onde?. Non o vexo. Alí mira, non ves aquel
vulto? Ah! si, si... seguimos acercándonos e… era un fito, que vista
temos!, o que si nos acompaña é un grupo de rebecos dando
saltos, á estrada…
Chegamos ás Brañas de Murias Llongas, parece unha postal
do nadal, quén é o primeiro en poñer traseiro en terra?.
Como esvara a baixada!!. Fotos, e continuamos ao Lago del Valle, quén
é o ousado que saca unha man da luva? Que frío, parou un
minuto de chover… eh!! Aqueles son o resto dos nosos, non? Os da travesía,
eh… estamos aquí, ola… non, son moitos… Ben, ala nenos que tal un
pouco de asfalto para non perder os bos costumes?.. Café, café..
necesito entrar en calor… menos mal que Ana trouxo unha petaca con licor
de figos, que bo está….
Ola chicos, que tal de travesía?. Queredes darvos unha ducha?.
Ben, xa nos contaredes na cea, non?
Tivemos que nos dividir en varias mesas, que pena!, o hotel non dá
abasto con tanta xente. Tres aventureiros deciden ir ó pub e inspeccionar,
había moitos “ioguríns”, así que, coma o resto, a
durmir que a noite promete coma a de onte.
Son as 7 e un pequeno grupo, decidimos botarlle valor, gañas
e patear outro pouco. Chove, está a brétema moi baixa, pero,
parece que nun par de horas abrirá así que, camiñante
non hai camiño.
Agora si, a pegada na neve dun oso, foto, foto… parece que isto por
momentos se pecha máis de brétema, son xa as 13 e se damos
volta?.GPS na man…., Elva, Ana e Ana xunto con Antonio comezamos a baixada,
únese ao rato outro pequeno grupo, e así pouco a pouco o
resto, menos Pedro, Sechu e Andrea, que deciden non abandonar.
Son as 14, hora de volver a casa, que soño, e esa peli…. Ata
pronto chicos, verémonos na próxima viaxe. Bicos
Ana Cid
SENDEIRO TRILHOS LUSOS
CAMINHA
Dentro do programa sendeiros tranquilos, este domingo 21 de novembro,
visitamos aos nosos veciños portugueses para coñecer a Serra
de Arga, por unha ruta circular con punto de partida-chegada en CAMINHA
e cun percorrido aproximado de 18 km.
Cosa inaudita ata a data, non só enchemos o autobús,
senón que por falta de asentos máis dun quedou en terra,
amén dos nosos compañeiros que agardaban por nós na
cidade portuguesa.
Ás 8.40 h, con dez minutos de atraso da hora oficial como mostra
de cortesía aos máis retardados, saímos pola Avda.
de Madrid en dirección Portugal sen chuvasqueiros nin nada que se
lle parecera porque o bo tempo, a pesar da brétema de O Porriño
e arredores, acompañábanos.
Ás 9,30 horas estabamos en Caminha repartidos entre dúas
cafeterías para tomar algo quente antes de iniciar a marcha. Vinte
minutos despois, todos preparados para seguir pola rúa Corredoira
e enlazar á man dereita pola calzada de Santo Domingo. Comezamos
así o noso sendeiro cunha pequena subida, pasamos o cemiterio e
a ermida deste Santo, seguimos por varias rúas da bisbarra con vivendas
unifamiliares, deixamos a un lado o lavadoiro e atravesamos as antigas
murallas por un pequeno túnel; así pouco a pouco, deixamos
atrás a cidade, non sen antes pasar polo Miradouro da Fraga.
Alternando sendeiro, estrada, pistas asfaltadas e de terra ascendemos
uns 360 metros ata a Ermida de Santo Antonio para apreciar a desembocadura
do Miño co monte Tegra entre nubes e descansar un rato a pesar da
cantidade de mosquitos que nos atopamos. Continuamos camiño ata
alcanzar o alto da Espiga, baixamos lentamente por un cortalumes de forte
pendente e continuamos llaneando para, ao pouco, subir a un alto onde había
unha ermida; alí, sobre as 13.40 h, dividímonos uns para
comer nas mesas da área de lecer e outros arredor da ermida, apoiados
no muro de pedra que a rodeaba. Ben comidos e descansados, ás 15
horas retomamos a marcha costa abaixo e monte a través para estar
ás 17 horas pisando asfalto en Venade. Pouco despois estabamos sentados
na praza central de Caminha dando conta dunha boa cervexa.
Ás 18,25 regresamos a Vigo, uns intentando durmir e o resto
en plan relaxado ata que.... soa unha música familiar, pop anos
60-70 que o noso conductor Dani pon no canto do partido de fútbol
e timidamente ao principio, e a voz en grito despois, o que máis
e o que menos desgañitábase con “las flechas del amor, de
Karina”, ou “la otra noche bailando estaba con Lola, dos Brincos”. Francoiçe
estaba encantada e animounos a levar música destes anos para a festa
de fin de tempada.
Concha
LEOPARDO DAS NEVES
Merab acercábase lentamente. Era o catro de agosto de 2004. A
poucos metros do final botárase a un lado e esgrimindo un xesto,
igual ao que d`Artagnan faría co seu chapeu ao paso da carroza Real,
invitárame a pasar: “ti primeiro”, díxome.
Pisar alí, sobre a neve virxe, como se nunca ninguén
antes tivera pisado nin soñado, era un privilexio que ambos entendiamos
ben. Fora como asomarse sobre unha ponte dende o ceo. Agás o Somoni,
todos os demais picos quedaban xa por debaixo e a cordilleira do Pamir
convertérase naquel xusto momento, nun inmenso océano de
cristas xeadas.
O final do “Leopardo das neves” estaba preto, sería nuns días,
se o tempo atmosférico se mantiña como o fixera ata entón.
A montaña dixo si e o trece de agosto aquel periplo que comezara
en Tien-Shan tres anos atrás, pechábase definitivamente;
Merab e eu fotografámonos no cumio do Somoni, a nosa derradeira
montaña, situada a só dezaseis quilómetros de distancia
da anterior.
Saboreara cada minuto, cada metro, cada problema superado. Emprenderamos
coa mesma ilusión todos os intentos ao cumio, aínda nas circunstancias
máis adversas. Máis importante que subir ao primeiro intento
fora deseñar e poñer en xogo cada unha das estratexias para
as cinco montañas. Aquel proxecto xurdira do esquecemento, da exploración
nos libros. Quen coñecía entón en España o
“Leopardo das neves”?, moi poucos.
Pecho os ollos, as imaxes do “Leopardo” aparecen agora vernizadas coa
emoción do que vivira e sábese parte delas, pero tamén
da mesma indolencia que lles queda ás fotografías; o vento,
o esforzo e a termita da incerteza son unha pantasma amabel que xa non
doe. Se non fora así, se os momentos duros pesaran máis do
que un obtén a cambio de cada aventura, de cada montaña,
posiblemente xamais regresariamos a elas. Tamén me veñen
á mente as persoas que coñecín ao longo destes últimos
anos, charlas no campamento base e algunha que outra nalgún campamento
de altura. Unha delas, fora con Boris, antigo piloto de elite do exército
da antiga Unión Soviética. Atopabámonos baixando do
Somoni, pasando a noite no campo II canto el apareceu rozando a escuridade.
Mentres eu disolvía un taquiño de manteiga nun cazo, fritía
unha cebola xeada e a continuación remexía o puré
de quenda, Boris íanos relatando, a Merab e a min, anacos da súa
vida. Así averiguamos que aquel home que pronto cumpriría
os setenta, gozaba dun privilexio físico do que se serviran os servizos
especiais da NASA. Boris prestárase a máis dun experimento
pola gloria do seu país, como o de permanecer nu nunha habitación,
onde a temperatura (- 30º), a presión e, por conseguinte as
características do aire simulaban as mesmas que se presentan nunha
altitude de sete mil metros.
Lembro alá lonxe a ascensión do pico Lenin, durante a
que unha nevada fortísima sepultara completamente as tendas do campo
III e tiveramos que sondar o chan coas variñas doutra para atopalas,
lembro unha noite sen saco no Khan Tengry, a 6.400 mts de altitude previa
ao cumio e outra máis lendaria no Pobeda, ao raso, lembro.
Foron cinco montañas e escollín cinco adxectivos para
definilas. Un adxectivo que define a primeira, e a veces, a derradeira
impresión que tiven delas.O pico Lenin é a montaña
serena, así a atopei, a serenidade é o que ela me transmitiu
dende as praderías de kirguiztan. O pico Khan Tengry: fascinadora,
é a máis máxica e mística das cinco; cando
todas as montañas se apagan ao atardecer, a súa pirámide
de mármore acéndese como unha lámpada xigante de cor
púrpura e se estás en Tien-Shan non importa en que montaña
te atopes, a esa hora, nómades e alpinistas teñen unha cita
co Khan Tengry, todas as miradas converxen no mesmo lugar.
O Pobeda é a montaña severa, sen dúbida a que
máis difícil nolo puxo, tal vez por esa mesma razón,
da que máis orgullosa me sinto. A Korgenevskaya defínoa como
vertixinosa, polas súas paisaxes aéreas nos que un semella
pasear polo tellado do mundo.
O Pico Somoni é a montaña magnífica, polo grande,
polo bela, porque ela foi o magnífico final da nosa aventura.
Dende o máis alto do Pamir, sobre o cumio do Somini xa se debuxaba
o seguinte soño: A Antártida.
Chus Lago
Merab chegando o cumio do Korgenevskaya
Somoni (Pico Comunismo)
MONTAÑISMO
Somiedo: ursos e frío.
30-31 outubro e 1 de novembro
Espertar pola maná, xusto cando amence, nunha paraxe bonita e,
á vez, descoñecida, sempre é apaixonante. Pero como
xa é costume que pase, esa sensación de seguida se viu truncada
polas nubes encaixonadas entre as enormes montañas que rodean
Pola de Somiedo.
Esa mesma mañá, o bus deixounos no porto que separa o
parque natural do estraño val de Teverga, no leste; e dende alí,
no medio de rachas moderadas de vento e algo de choiva, de seguida ascendemos
pasando por algunhas brañas e contemplando algún que outro
bosque amarelo e dourado. Sen embargo, o esplendor da comarca apareceu
en toda a súa magnitude cando, ao fin, apareceu ante nós
un fondo val cuberto de faias marróns e douradas, que ficaban coroadas
por inmensas moles brancas de neve e xeo.
Dende aquel momento, a incómoda viaxe de bus e toda a vida cotiá
de estudiante ou traballador quedaba atrás, para nos adentrar nun
mundo onde a man humana só fora capaz de deixar aquel verde Camiño
Real de la Mesa e unha chea de brañas de corros e teitos dispersas
case ao chou pola pradería ilimitada.
Ese primeiro día culminou cando tocamos a provincia de León,
atravesando un porto dos de frío e neve para baixar ao primeiro
dos Lagos de Saliencia, bastante degradado pola cochambre das fantasmagóricas
e tétricas ruínas dunha mina de ferro abandonada. E, como
non, alí acampamos.
Ao día seguinte dispuxémonos a subir un pico próximo,
de preto de 2200 metros. Subindo e subindo, a neve e o vento desapiadado
apareceron en abundancia; a ascensión era bastante dura, pero moi
gratificante.
Cando semellaba que a montaña non podía subir moito máis,
a ladeira comezou a aparecer coma unha muralla case vertical, e os menos
expertos houbemos de quedar abaixo, esperando a que os máis expertos
acadasen o cumio, con paciencia montañesa.
E volveron quince minutos despois, tras ter subido dez metros máis
e ter abandonado.
Baixamo cara a Pola de Somiedo polo Valle del Lago, unha paraxe singular
e espectacular; unha suave pradería húmida enmarcada de novo
por faias e paredes calcáreas que albergaban, pouco máis
arriba grandes acumulacións de neve, coma un marco que rodeaba
idilicamente ao lugar.
Por fin, segundo as novas que nos chegaban de alén, para o luns
de todos os santo ía facer sol. Pero non foi así.
Botamos a camiñar dende as inmediacións do Puerto de
Somiedo, no medio de brétema, chuvia, frío, vento e,
de novo, máis arriba, moita neve.
Os camiños ficaban enlamados, os regatos medraran pola noite,
as marcas da ruta de “El Cornón”, ese pico que, cos seus 2200 m,
debía ser espectacular, a xulgar polo nome, estaban escondidas no
manto branco.
Saímos moitos, non sei cantos, e só uns poucos chegamos
á base do pico, e só cinco se atreveron a subilo. E resultou
ser que ese non era o pico, que o pico era o seguinte, así que eses
famosos cinco volveron de subir outro máis dos abundantes picos
sen nome da comarca e das serras cántabras. Disque, cando chegaron
ao coto, ergueuse por un momento a néboa, e puideron contemplar
o verdadeiro pico, moito máis lonxe do que esperaban.
Cansos dunha fin de semana maratoniana, baixamos case correndo ao bus,
ao que chegamos algo tarde, e este emprendeu regreso atravesando as concas
mineiras bercianas de Villablino, onde as fragas seguían a brillar
polo seu espectacular dourado outonal, pero agora, baixo un sol relucente!
Atrás quedaban as montañas nevadas e cheas de nubes e, suponse,
de ursos.
Pablo Pino
LICENCIAS 2005
Consideramos que é necesario estar federado!!!!
FEDÉRATE en xaneiro e aproveita as vantaxes todo o ano
.
Ademais de varias vantaxes, a licencia federativa incorpora un seguro
de accidentes e rescate indispensable para todos os que queiran practicar
o montañismo e a espeleoloxía en calquera das súas
diversas modalidades, tamén para a práctica do mergullo,
esquí, etc.
Club Montañeiros Celtas recomenda aos seus socios, unha vez máis, que se federen, xa que ademais das ventaxes individuais, aportan beneficios para o colectivo de deportistas. Para participar en algunhas actividades oficiais do Club é obrigatorio estar federado, como as de alta montaña, travesías, escalada, Operación Benxamín, espeleoloxía, descenso de canóns, mergullo... ou calquera outra que así o determine o Club, tamén para utilizar o boulder do local.
LICENCIAS DE MONTAÑA (FGM)
COMPAÑÍA ASEGURADORA: MUTUALIDAD GENERAL DEPORTIVA
MODALIDADE Disciplinas Aseguradas: Montañismo,
Sendeirismo e Escalada.
* As modalidades A e B1 diferéncianse na cobertura sanitaria.
A B-1
B-2
B-3
AMBITO XEOGRÁFICO ESPAÑA ESPAÑA EUROPA-MARROCOS
TODO O MUNDO
MAIORES dende os 18 anos 37,55
54,95
79,25
103,55
XUVENÍS de 14 a 17 anos 29,45
46,85
71,15
95,45
INFANTÍS de 8 a 13 anos 14,95
23,35
COMPAÑÍA ASEGURADORA: SABADELL
MODALIDADE
BÁSICA "A" B
C
D
E
ÁMBITO XEOGRÁFICO ESPAÑA ,
MAIORES dende os 18 anos 41,20
64,10
106,39 506.57
37,67
XUVENÍS de 14 a 17 anos 33,10
55,11
80,64
498,47
INFANTÍS de 8 a 13 anos 13,45
23,23
57,94
Disciplinas Aseguradas:
Modalidade Básica "A": Excursionismo, Campamentos,
Marchas e Sendeirismo. ESPAÑA
Modalidade B: Excursionismo, Campamentos, Marchas e Sendeirismo.
ESPAÑA
Modalidade C: Excursionismo, Campamentos, Marchas e Sendeirismo,
Montañismo, Alpinismo, Escalada, Descenso de Cavorcos, Campamentos
en Iglús, Carreras de Montaña, Espeleoloxía e Bici
de montaña, ESPAÑA, PORTUGAL, ANDORRA, PIRINEOS FRANCESES.
Modalidade D: As mesmas da modalidade C, ademais de Esquí
en tódalas súas modalidades, TODO O MUNDO (Excepto por
TODO O MUNDO riba dos 7000 m. ou dentro dos círculos polares)
Modalidade E: As mesmas da modalidade D, ademais das Expedicións,
MAIORES DE 75 ANOS
NOTA: Os duplicados do carnet federativo, por extravio ou ampliación
da cobertura, terán un custo adicional de 2 Euros.
LICENCIAS DE ESPELEOLOXÍA (FGE)
COMPAÑÍA: MUTUALIDAD XERAL DEPORTIVA
MODALIDADE Ambito xeográfico Maior Xuvenil Infantil
BASICA A
31.87 25.79 13.99
España
BASICA B
37.07 30.99 18.14
Europa e Marrocos
BASICA B1
43.37 37.29 32.29
Resto Mundo
PLUS A
48.37 42.29 30.49
España
PLUS B
57.57 51.49 38.64
Europa e Marrocos
PLUS B1
70.07 63.99 58.99
Resto Mundo
Licencias de cobertura "básica”
As actividades cubertas son: espeleoloxía, descenso de barrancos
e espeleobuceo.
Cobertura de rescates e responsabilidade civil en España.
.
Licencias de cobertura "Plus”
As actividades cubertas son: espeleoloxía, descenso de barrancos,
alpinismo, canoa, kaiak, sendeirismo, esquí de fondo e snowboard,
esquí alpino(excluíndo o esquí alpino fóra
de pista), camiñata con esquís ou raquetas, escalada en rocha
ou obstáculos artificiais, bicicleta de montaña todoterreo,
uso de "vías ferratas" e buceo en tódalas súas formas.
LICENCIAS DE DEPORTES DE INVIERNO (FGDI)
46 Euros/ano, 22 Euros/semana. Ámbito Xeográfico MUNDIAL
Válida ata o 30 de Setembro do 2005. Cobertura derivada da práctica
dos Deportes de Inverno
Subvencións aos socios
FEDERADOS POLO CLUB:
a) Club Montañeiros Celtas está adherido a catro federacións: Montaña, Espeleoloxía, Deportes de Inverno e Actividades Subacuáticas. Para facilitar que os socios podan estar federados en máis dunha delas, o Club subvencionará a segunda e sucesivas licencias das distintas federacións que cada socio tramite de acordo co seguinte: segunda licencia 4 euros, terceira 8 euros, cuarta 12 euros.
b) Os menores de idade que tramiten unha licencia que asegure disciplinas técnicas (alpinismo, escalada, espeleoloxía, esquí, etc.), terán unha subvención do 10 % do seu importe.
c) Os socios que participen en cursos oficiais das Escolas das respectivas
federacións, terán as seguintes subvencións:
- Menores de idade............................. 40 %
- Estudiantes de 18 a 25 anos.............. 30 %
- Non estudiantes de 18 a 25 anos....... 20 %
- A partires dos 25 anos...................... 10 %
.
d) Límite das subvencións. A axuda máxima que
pode recibir cada socio no ano 2005 é de 100 euros. O total das
subvencións está limitado a súa partida orzamentaria.
CALENDARIO DE ACTIVIDADES 2005
XANE
8 Monte Aloia Saída de Bioloxía S. Cultura e Medio
Ambiente
15-16 Sanabria Camiños Tradicionais S.D. Sendeirismo
15-16 Mondoñedo Técnicas de vertical S.D. Espeleoloxía
22-23 Trevinca-Vilanova Campamento de Inverno. Macizo de Trevinca
S.D Montañismo
22-23 Infantil. Achegamento á neve S. Infantil-Xuvenil
23 Trevinca-Vilanova II Percorrido de Esquí de Montaña
"Montañas de Trevinca" FGM - C.M. Celtas
29-30 San Isidro (León) Esquí alpino S.D. Esquí
29-30 (León) Alpinismo - Corredores. Pico Torres S.D.
Escalada
29-30 Mondoñedo Conmemoración 25 Aniversario EGE
FGE - EGE
30 Sendeiro tranquilo. Muiños do Folón S.D.
Sendeirismo
FEBR
4 Local Social Festa do Entroido S. Actividades Sociais
5-6 Curso Esquí de Travesía FGM - EGAM
7 Local Social Festa Infantil do Entroido S. Infantil-Xuvenil
11 Local Social Campionato de Escalada S.D. Escalada
12 Vigo. Hotel Coia Cea 63 Aniversario S. Actividades Sociais
13 Manzaneda Xornada de Iniciación ao Esquí de
Montaña S.D. Esquí
12-13 Curso Alpinismo - Iniciación FGM - EGAM
12-13 Cobas Xuvenil: Coñece as Covas S.D. Espeleoloxía
13 Ría de Vigo Inmersión submarina S.D. Actividades
Subacuáticas
18 Local Social Campionato de Escalada S.D. Escalada
19-20 Chandrexa Introducción á Orientación.
Serra de Queixa S.D. Sendeirismo
19-20 Curso Alpinismo - Iniciación FGM - EGAM
25 Local Social Asemblea Xeral Ordinaria Xunta Directiva C.M.
Celtas
26-27 Esquí de Montaña. Macizo do Mampodre
(Cordilleira Cantábrica) S.D. Esquí
26-27 (León) Alpinismo - Corredores: Peña Ubiña
S.D. Escalada
27 A Grova S.D. Bici de Montaña
27 Faro Budiño Sendeiro tranquilo. GR-58 Sendeiro das
Greas S.D. Sendeirismo
MARZ
5-6 Liñares Achegamento á Topografía de
Cavidades S.D.Espeleoloxía
5-6 Riaño (León) Gilbo S.D. Montañismo
5-6 Campamento Infantil de Primavera S. Infantil-Xuvenil
12-13 Olveiroa Camiño Fisterra. Etapa III: Olveiroa -
Muxía S.D. Sendeirismo
12-13 Mondoñedo Xornadas de Progresión Vertical
FGE - EGE
12-13 Curso Alpinismo - Corredores FGM - EGAM
19-20 Picos de Europa XXI Alta Ruta Cántabra de Esquí
de Montaña G.R. Montaña Orza
20 (Portugal) Sendeiro tranquilo. Serra do Gerés S.D.
Sendeirismo
* Curso Alpinismo - Iniciación FGM - EGAM
24-25-26-27-28 Alto Campoo (Palencia) Montaña Palentina
S.D. Montañismo
ABRIL
2-3 Vilanova Trevinca S.D. Bici de Montaña
3 Saída de cultura literaria S. Cultura e Medio
Ambiente
9-10 Muxía Camiño Fisterra. Etapa IV: Muxía
- Fisterra S.D. Sendeirismo
9-10 Campamento Galego Espeleoloxía FGE -
10 Rio Miño Familiar. Na Busca do Tesouro III S.D. Montañismo
16-17 Forcarei XL Campamento e Marcha Galega de Montaña
FGM - C.M. Celtas
23-24 Curso de Orientación en Montaña FGM
- EGAM
23-24 Práctica de Socorro FGE - GEG
24 Monfero Marcha de Primavera: Monfero-Xestoso S.D.Montañismo-
C.M. Ferrol
24 Baiona Campionato Social de Pesca Submarina S.D. Actividades
Subacuáticas
30-1 Pajares (León) Travesía: Pajares - Oubiña.
S.D. Montañismo
MAIO
1 (Portugal) Sendeiro tranquilo. Circular de Caminha S.D. Sendeirismo
7 IV Marcha de Fondo - Marcha das Greas FGM
7-8 Monte Aloia Infantil. XXXVII Operación Benxamín.
S. Infantil-Xuvenil
7-8 Trevinca-Vilanova Iniciación á Montaña:
Peña Trevinca dende Vilanova S.D. Sendeirismo
7-8 Campamento Galego Infantil-Xuvenil Espeleoloxía
FGE -
7-8 Curso de Escalada - Iniciación FGM - EGAM
8 Xuvenil. S.D. Bici de Montaña
14-15-16-17 Guadarrama (Madrid) Sierra de Guadarrama S.D. Montañismo
20 Local Social Festa de Primavera S. Actividades Sociais
21-22 Infantil. XXXVII Operación Benxamín.
S. Infantil-Xuvenil
21-22 Sanabria O Camiño de Santiago, Vía da Prata.
Etapa I: Sanabria - Lubián S.D.Sendeirismo
21-22 Curso Escalada - Parede FGM - EGAM
22 O Facho Xornada de Iniciación á Escalada S.D.
Escalada
28 Saída de Xeoloxía. Canteiras, Galiñeiro
- Aloia S. Cultura e Medio Ambiente
28-29 Infantil. XXXVII Operación Benxamín.
S. Infantil-Xuvenil
29 Budiño Xornada de Iniciación á Escalada
S.D. Escalada
29 Ribeira Sacra Sendeiro tranquilo. Luintra - San esteban S.D.
Sendeirismo
29 Ría de Vigo Inmersión submarina S.D. Actividades
Subacuáticas
XUÑO
4-5 O Rosal Piragüísmo Popular. S.D. Actividades
Subacuáticas
4-5 Lubián O Camiño de Santiago, Vía
da Prata. Etapa II: Lubián - A Gudiña S.D. Sendeirismo
4-5 Trevinca Travesía: Vilanova - Teixedal - Casaio S.D.
Montañismo
11-12 (Asturias) Travesía. Desfiladero de los Arrudos.
S.D. Montañismo
11-12 XI Descenso de Barrancos FGM -S.M. Ártabros
11-12 Xornadas monográficas progesión canóns
FGE - EGE
12 Illas Cíes Inmersión Submarina. S.D. Actividades
Subacuáticas
18-19 10º Campamento Social Infantil - Xuvenil Espeleo
S.D. Espeleoloxía
18-19 VIII Marcha con Vivac FGM - Xistra
18-19 Curso Escalada Artificial FGM - EGAM
25 Saída Etnográfica S. Cultura e Medio Ambiente
26 Eume Escalada no Eume S.D. Escalada
25-26 Ría de Vigo III Travesía: Kaiak +Espeleo
+Escalada +Marcha +Natación +BTT SS.DD. do Club
25-26 XVI Campamento Galego Descenso De Canóns FGE
-
25-26 Curso Descenso de Barrancos FGM - EGAM
26 Caminha (Portugal) Sendeiro tranquilo. Marcha do Polo: Caminha
- Ancora S.D. Sendeirismo
XULL
2-3 La Seo S.D Montañismo
2-3 Campamento Infantil de Veran S. Infantil-Xuvenil
2-3 Caurel Xuvenil: Canóns - Bici - Espeleo - Escalada
SS.DD. Espeleo-Bici-Escalada
9-10 Introduc. á Travesía: Serra da Capelada
- San Andrés de Teixido S.D. Sendeirismo
10 Xornadas Iniciación Descenso Canóns S.D.
Espeleoloxía
16-17 Illa de Arousa Campamento de Verán S.D. Subacuáticas
- S. A.Sociais
23-24-25 Travesía con 2 vivac: Porto S. Glorio -
Porto Piedras Luengas S.D. Montañismo
2ª quincena Eslovenia Saída Internacional. Alpes
Julianos FGM
4ª semana Cádiz Serra de Grazalema. Curso de fotografía
na Natureza S. Cultura e Medio Ambiente
31 Cangas Sendeiro tranquilo. Península do Morrazo: Cangas
– Cabo Home S.D. Sendeirismo
AGOS
30/07 - 07/08 Neouville-Luchon Pirineos 2005- Francia S.D. Montañismo
1-8 Ramales - Cantabria Campaña 2004 - Hornijo S.D. Espeleoloxía
* Pirineos Campamento Anual Estatal FEDME
SEPT
3-4 Monte Aloia Marcha Nocturna: PRG 2 Galiñeiro – Aloia
S.D. Montañismo
3-4 Caurel 8º Campamento Social Descenso Canóns
S.D. Espeleoloxía
4 Pedrafita Saída combinada: Cultura - Espeleoloxía
S.D. Espeleoloxía - S. Cultura
4 Escalada no Canón do Sil S.D. Escalada
9 Local Social Festa Reencontro S. Actividades Sociais
10-11 A Gudiña O Camiño de Santiago, Vía
da Prata. Etapa III: A Gudiña - Laza S.D. Sendeirismo
16-18 Práctica de Socorro FGE - GEG
18 VII Marcha Galega de Veteranos FGM - Ribeira Sacra
17-18 Galiñeiro Xuvenil. Xornadas de Escalada S.D. Escalada
18 Xornada de Xeoloxía - Canteiras S. Cultura e
Medio Ambiente
18 Ría de Vigo Inmersión submarina S.D. Actividades
Subacuáticas
24-25 Caurel Xuvenil: Baixo Terra S.D. Espeleoloxía
25 Franqueira - Arbo A Franqueira S.D. Bici de Montaña
25 Goián Sendeiro tranquilo. Niño do Corvo - Castelo
de San Lorenzo S.D. Sendeirismo
OUTU
1-2 Serra da Culebra Zamora S.D. Montañismo
2 Budiño Escalada en Fendas S.D. Escalada
8-9 Chandrexa Xuvenil. Travesía de Montaña: Serra
de Queixa S.D. Montañismo
15-16 XXXIV Campamento Infantil-Xuvenil de Montaña
FGM -S.M. Ártabros
15-16 Xornadas Autosocorro FGE - EGE
16 Laza O Camiño S., Vía da Prata. Etapa IV: Laza
- Xunqueira de Ambía S.D. Sendeirismo
22-23 Campamento Social Espeleoloxía S.D. Espeleoloxía
22-23 Curso Orientación en Montaña FGM -
EGAM
22-23 Curso Iniciación Rocódromo FGM - EGAM
23 Ría de Arousa Inmersión submarina S.D. Actividades
Subacuáticas
23 Sendeiro tranquilo. PRG 48 Entre Rías S.D. Sendeirismo
29-30-31-1 Campamento Galego extraterritorial de Espeleoloxía
FGE -
29-30-31-1 (Burgos) Canón Rio Lobos S.D. Montañismo
NOV
5-6 Castrolaboreiro Camiños Transfronteirizos: Castrolaboreiro-Pena
Anamao-Entrimo S.D. Sendeirismo
6 I Carreira de Montaña FGM
12-13 Monte Aloia Magosto Social S. Actividades Sociais
13 Galiñeiro S.D. Bici de Montaña
19-20 Campamento Infantil de Inverno S. Infantil-Xuvenil
20 Barciademera Marcha de Outono - Maiores S.D. Montañismo
26-27 Xuntanza Técnica FGE - EGE
27 Baiona Sendeiro tranquilo. GR-58 Sendeiro Greas: Baiona-Cabo
Silleiro S.D. Sendeirismo
DEC
4-5 Pobla de Trives Camiño Romano. Vía Nova XVIII.
"O CODO" S.D. Sendeirismo
4-5-6-7-8 (Granada) Sierra Nevada S.D. Montañismo
11 Ribeira Sacra Sendeiro tranquilo. PRG 4 Camiño Real.
San Pedro de Rocas S.D. Sendeirismo
16 Local Social Festa Fin Temporada S. Actividades Sociais
Actividades: Resáltanse en negrita as organizadas por Club Montañeiros
Celtas. Infantís: de 8 a 14 anos. Xuvenís: basicamente de
14 a 18 anos
Este Calendario é o proxecto básico. Lugares, datas e
actividades poden sufrir modificacións. Haberá outras actividades
que se publicarán no boletín mensual.
Abreviaturas: S.(Sección) S.D.(Sección Deportiva)
SS.DD. (Seccións Deportivas) FEDME (Federación Española
Deportes de Montaña e Escalada)
FGM (Federación Galega de Montañismo) EGAM (Escola
Galega Alta Montaña) FGE (Federación Galega Espeleoloxía)
EGE (Escola Galega Espeleoloxía)
ESPELEOSECCIÓN
6-7 e 20-21 novembro. Curso iniciación
Os días 6-7 e 20-21 de novembro celebrouse o curso de iniciación
á espeleoloxía, ao que asistiron como monitores: Javi, Couto,
Lourdes, Nacho, Currás e Jesús. Como alumnos participamos:
Alberto, Iago, Ramón, Laura, Mónica, Víctor e Guille
de GES Celtas, Garri e Cris de GES Ártabros e Antón
e Susana do Cavorcos.
O sábado 6 comezamos cedo pola mañá no club cunhas
clases teóricas sobre material, nós e estructura federativa.
Despois de comer puxemos en práctica os nosos coñecementos
no rocódromo da estación. Ao día seguinte encontrámonos
todos na estación de novo para ir á Furna de Santa Marta,
en Liméns. Alí fixemos prácticas de vertical nas árbores
e na furna.
Na derradeira fin de semana desde primeira hora da tarde comezaron
a chegar os participantes ao refuxio de Cobas, na provincia de Ourense.
Outros faciámolo xa caída a tarde. O sábado comezamos
xa de mañá con clases sobre cartografía e topografía.
Pola tarde dividímonos en dous grupos para ir á K1, onde
mentres uns topografaban outros faciamos prácticas de vertical e
despois cambiamos. O domingo pola mañá elaboramos os mapas
da cova cos datos obtidos o día anterior. Pola tarde examináronnos
sobre todo o aprendido no curso. En Cobas facía moitísimo
frío e a pesares de que estabamos moi abrigados pasamos todo o tempo
tremendo.
A valoración do curso non pode ser máis positiva porque
ademais do que nos ensinaron e practicamos pasámolo moi ben.
13-14 novembro. Cortiñas
Dende antes do verán falamos de ir topografar a cova de Cortiñas, e pasou o tempo pero non a idea que esta fin de semana fíxose realidade. Saímos de Vigo cara á cavidade, deixando antes as mochilas no refuxio de Liñares. Fixemos dous grupos e continuamos a tomar as medidas onde quedaran nunha primeira incursión feita o mes pasado. Falta por tomar datos na galería máis alonxada. A galería principal e o labirinto xa están e suman uns seiscentos metros. Alí estivemos os dous días chiscando o ollo polo compás e o clinómetro Tere, Daniel, Carol, Emilio e Lourdes.
27-28 novembro. Xornadas Técnicas e Asemblea da E.G.E. (Cobas) //Garma (Cantabria)
Un ano máis, xuntámonos os monitores da E.G.E., e xa van
vintecinco de vida da Escola Galega, con máis ou menos titulados
e con máis ou menos actividades. Este ano non foi moi productivo
en cursos xa que os que se programaron, na xuntanza similar, o ano pasado
non foron do interese dos espeleólogos galegos. Por este e outros
motivos, o sábado nas Xornadas Técnicas fíxose unha
análise pormenorizada da situación chegando á conclusión
de facer un cambio e ofrecer Xornadas Monográficas dunha fin de
semana, onde os espeleólogos se poderán ir formando segundo
as súas preferencias, sen saturalos de carga horaria, en progresión
vertical, progresión en canóns, topografía, autosocorro,
xeoloxía, fotografía espeleolóxica... Tamén
se propuxo dar contido temático nos Campamentos Galegos, a cargo
dos membros da EGE, dunha materia demandada polos espeleólogos.
Se sigue na liña de formar principalmente ao colectivo espeleolóxico,
deixando unha porta aberta a colectivos alleos para a divulgación
unicamente. Os colectivos profesionais non se contemplan no enfoque das
actividades didácticas.
As xornadas que se realicen, este ano, o 2005, serán gratuítas
para os espeleólogos galegos.
En canto á Asemblea, acordáronse actividades, datas e
cotas. Informouse das altas de novos monitores, por entrar a formar parte
do cadro docente ou por titulación superior, e todas aquelas cousas
que son propias do funcionamento da Escola.
Namentres isto pasaba en Cobas, un membro do Club, Xabier, acompañaba
aos nosos colegas do AER a Garma, en Cantabria, a retirar material que
quedara alí cando na fin de semana do primeiro de novembro tiveron
que pospor nun día a saída da cavidade por crecida e logo
saír co posto para alixeirar por mor das obrigas laborais e estudiantís.
A Sección
Cova K1
Espeleonovas
>> 17 de decembro: 19'30 horas: Homenaxe aos participantes do Club na 1ª Expedición á Cova do Rei Cintolo. Casa do Libro (Vigo)
>> 8 de xaneiro: Asemblea do Grupo de Exploracións Subterráneas e Cea. Local Social ClubD
>> 15-16 de xaneiro: Xornadas de Progresión Vertical. Mondoñedo
¡Aínda quedan camisetas da Sección á venta,
conmemoración do 50 aniversario. Só 6 euros!
VINDEIRAS ACTIVIDADES
XANEIRO
8 Monte Aloia Saída de Bioloxía S. Cultura e Medio
Ambiente
14 Local Social Charla e proxección diapos. "Esquí
de Montaña" S.D. Esquí
15-16 Sanabria Camiños Tradicionais S.D. Sendeirismo
15-16 Mondoñedo Técnicas de vertical S.D. Espeleoloxía
21 Local Social Proxección dixital: "To Colorado´s
Fourteeners" S. Actividades Sociais
22-23 Trevinca-Vilanova Campamento de Inverno. Macizo de Trevinca
S.D. Montañismo
22-23 Infantil. Achegamento á neve S. Infantil-Xuvenil
23 Trevinca-Vilanova II Percorrido de Esquí de Montaña
"Montañas de Trevinca" FGM - C.M. Celtas
28 Local Social Proxección dixital: "To Colorado´s
Fourteeners" S.D. Montañismo
29-30 San Isidro (León) Esquí alpino S.D. Esquí
29-30 (León) Alpinismo - Corredores. Pico Torres S.D.
Escalada
29-30 Mondoñedo Conmemoración 25 Aniversario EGE
FGE - EGE
30 Sendeiro tranquilo. Muiños do Folón S.D.
Sendeirismo
FEBREIRO
4 Local Social Festa do Entroido S. Actividades Sociais
5-6 Curso Esquí de Travesía FGM - EGAM
7 Local Social Festa Infantil do Entroido S. Infantil-Xuvenil
Edita: Club Montañeiros Celtas.
Dirección, maquetación e montaxe: José López
Pérez “Sechu”.
Normalización lingüística: Enrique González
Cameselle
Colaboran neste número: Isabel Maestu, Chus Lago,
Carolina Rodríguez Domingo, Concha Gilino, Françoise
Fauré,
David Jambrina, Pablo Pino, Ana Cid, Lourdes Castiñeira,
Emilio Ballesteros, Guillermo de Oca, Víctor Areal.
Club Montañeiros Celtas non comparte, necesariamente, as opinións
dos seus colaboradores.
Imprime: Copy Camelias. Depósito Legal: VG:40-1998.
Impreso en papel reciclado