Boletín de Diciembre de 2000 del
Club Montañeros Celtas
Curso Iniciación a Espeleoloxía
Celebrouse en dúas fin de semana: a do 28/29 de outubro, e a do
4/5 de novembro.
O 28, cedo, bastante cedo, marchamos ó refuxio de Mondoñedo,
onde coincidimod con outro curso do ECA. Seguindo o plan, adicámonos
a aula (alimentación, nós, técnicas de fortuna, modelado
cárstico, equipos, bioespeleoloxía, seguridade na espéleo,....),
prácticas de vertical (ascenso e descenso, tanto por corda coma
por electrón, pasamáns, ascenso e descenso con fraccionamentos,
autosocorro,....) e visita e exploración de covas, neste caso a
do Rei Cintolo). A verdade e que traballamos duro, sendo unha fin de semana
completa. Incluso poderiamo-la calificar de perfecta se non forá
porque tivemos que busca-la persoa por Mondoñedo para devolve-la
chave da cova, o que nos retrasou a un grupo. Menos mal, que a pesares
do retraso, longo, moi longo, demos cunha orquestra tocando no club da
terceira idade de Mondoñedo, que ademais das vistas (preguntar a
Coru, Xabi ou David) permitiu ó primeiro deles botar unhas pezas
na plaza, eso sí, a falta de mozas, valíalle quen esta nota
escribe, para deleite de tres rapazas da cabina telefónica. En fin,
tarde, cansos, pero voltamos xa cos comentarios da vindeira fin de semana.
Para mellor aproveita-lo tempo, marchamos todos xuntos o venres día
3. Con certa dose de aventura. Xuntámonos no club, onde alguén
comenta ¡a predicción do tempo dá neve no Cebreiro,
ollo!. Chamamos a Sofía, en Liñares, e avísanos que
está nevando. ¿Qué facer? ¿Chegaremos? Vamos:
temos ganas, e cadeas para os coches. Ademais quedamos de recoller a Carolina
en Sarria. Ó peor, temos que dormir alí.
A viaxe ata Ourense, repasada por auga, para logo ser seca pero endemoniadamente
fría. Chegamos a Sarria, collimos a Carol, tomamos algo e .... adiante.
Comezou chover, pero non había xa neve algunha. Durante todo a fin
de semana caeunos xunta toda a auga do mundo. De espanto. A esto hai que
engadir que inda que nos contaron que xa había luz no refuxio, nada.
E ademais eramos a ocupalo nada menos que 15 (3 monitores, Lourdes, Xabier
e Manolo Díaz; 1 axudante, Carol; e 11 pringhados: Claudia, Conchi,
Elena, Óscar, Pablo, Emilio, Milio, Javi, Coru, Daniel e David).
Case nada.
Comezámo-lo traballo o sábado pola mañá,
traballando no Tintán, con descenso, colocación de trampas
para observa-la fauna máis tarde, ascenso por corda ou electrón.
Todos, agás quen foi buscar a Pedrafita a Manolo, encargado de todo
o relacionado con topografía. Por certo tal día coma este
Coru aproveitou para estrear unhas botas ó uso, noviñas.
¡Como fardaba!.
Pola tarde, coa axuda de Sofía transformámo-lo restaurante
en tres aulas: primeiro en aula simple, onde traballamos con mapas topográficos,
mapas xeolóxicos e topografías de cavidades; segundo, en
salón de proxección de diapos, onde se pasaron as realizadas
nas anteriores xornadas de topofotoespeleoloxía, en Covas. Habería
que destacar aquí algunhas realizadas tipo "topo-model". E por último
en aula-cova, para tomar notas e levantar, por equipos, a topografía
dunha ¿hipotética? cova: gateiras por debaixo das mesas,
bloques-sillas,....Tarde, xa moi tarde, a cear e ¿a cama?. aguantamos,
e cundiron tantas horas alí metido. Pola ventá seguían
poñendo "o diluvio".
Domingo. Seguían coa peli de onte. ¿Qué facer?
Pois ó que viñemos. A tomar notas e topografiar Val de Abraira.
¡Chovía tanto dentro coma fóra! Alí traballamos
duro, con auga polo chan, polas paredes e, algo menos, só algo menos,
polo teito. Comimos algo e para fóra. Cambiarse diluviandoe rápido
ó refuxio.
Posta a punto do traballado, valoración dos monitores e alumnos,
e un excelente broche: as palabras de Manolo acerca da intensidade e da
seriedade coa que se traballou, o nivel do grupo no que se refire á
topografía, e á relación entre os membros do grupo,
así como á idade da maioría dos membros.
Despedida, e volta a casa. De espanto. Por estrada ou autopista, non
se pasada de 40 Km/h. O vento, a chuvia, de espanto. Máis de 20
coches "tirados" entre Ourense e Vigo. De espanto, espanto.
PROYECCIONES
1. Descenso de Barrancos
Proyección sobre la actividad realizada en Dominica (Caribe)
por nuestro compañero Jesús.
Fecha: 12 de Enero a las 20:30. Diapositivas.
2. Aitzgorri 2000
Proyección de Sechu sobre la actividad realizada en el puente
de la constitución este año en el País Vasco.
Fecha: 19 de Enero a las 20:30. Diapositivas.
3. Parques Eólicos: un atentado ecológico o una fuente
de energía alternativa
Exposición y charla por el grupo ecológico Erva.
Fecha: 26 de Enero a las 20:30. Diapositivas.
4. Esquí de travesía
Proyección sobre el esquí de montaña por nuestro
compañero Felipe.
Fecha: 2 de Febrero a las 20:30. Diapositivas.
SE VENDE
Piragua 2 plazas pvp 75.000 pts con accesorios
Tlf: 670 231 742 – 986 410 047 Jorge
Esquíes Rosignol seminuevos – buen precio
986 416979 – 659 060254 Jacobo
EURO RANDO 2001
Con motivo de la llegada a Galicia del Eje nº 2 de la Macro-marcha
a nivel europeo EURO RANDO 2001, denominado “Oporto – Estrasburgo” el próximo
mes de Enero, está previsto unirse a varias de las etapas. El testigo
se recibirá de la federación Portuguesa el 7 de Enero en
Tui y se pasará a la Castellano-leonesa el 3 de Febrero en O Cebreiro.
Más información en el local social.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES 2001
Xaneiro
13-14 Xornadas Técnicas de Vertical. Espeleoloxía
Mondoñedo
27-28 Mar a Mar Etapa 5
28 Bici de Montaña. Parque natural dos Muiños
Febreiro
10-11 Mar a Mar Etapa 6
25 Percorre un sendero con nos.
24-25 Espeleoloxía. Instalacións.
Marzo
3-4 Campamento de Inverno. Montes
do Cadavo. Fraga do Marronda
17-18 Mar a Mar Etapa 7
25 Bici Montaña. Muiños do Cando
Abril
31-1 Mar a Mar. Etapa 8
12-15 Semana Santa - Serra de Gredos
21-22 Marcha Primavera.
Maio
5-6 Mar a Mar Etapa 9
5-6 Operación Benxamín: Curso de ini- ciación
ó montañismo
12-13 Bici de Montaña. Macizo Trevinca.
12-13 Operación Benxamin: Curso de ini- ciación
ó montañismo
26-27 Mar a Mar Etapa.10.
26-27 Operación Benxamin: Curso de ini- ciación
ó montañismo
Xuño
16-17 Percorre un sendero con nos.
23-24 VI Campamento Espeleoxía Infantil- Xuvenil
Xulio
30-1 Descenso Canoa.
30-1 Descenso de Cañóns (Espelo- Cañóns)
8 Bici Montaña
14-15 Mar a Mar. Etapa 11
14-15 Campamento Verano. Praia das Ca tedrais
Agosto
4-12 Campamento Pirineos 2001
Setembro
8-9 Marcha Territorial Montañeros Ve- teranos. F.G.M. –
C.M.C.
23 Bici Montaña. Curota
29-30 Divisoria Miñota Etapa 1
Outubro
12-14 ”La Lunada”. Cordillera Cantabrica. Pajares - Casa
Mieres- Luna
20-21 Espeleofoto-xeoloxía
27-28 Divisoria Miñota Etapa 2
Novembro
3-4 Marcha Outono. Portugal
11 Bici Montaña
24-25 Divisoria Miñota. Etapa 3
Decembro
6-9 Serra de Guadalupe
Ademáis: Un sendeiro cada fin de semana
Para comunicarse con el club, la dirección es m_celtas@yahoo.com.
Modifiqué esta página por última vez en Diciembre
de 2000.
Pulsa en webmaster
para comentarios respecto a la página.