MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E COTAS SOCIAIS
Trala entrada en vigor da Lei orgánica 1/2002, reguladora
do dereito de asociación, que establece o novo réxime xurídico
das asociacións sen fin de lucro, estas terán a obriga de
adaptar os seus estatutos a esta nova lei. Club Montañeiros Celtas
decidiu formar unha comisión que estudiase a actualización
dos seus Estatutos para melloralos e adaptalos á lei, ademais de
elaborar unha proposta de novas cotas sociais. Os membros desta comisión,
traballaron ó longo dun ano para presentar na Asemblea celebrada
o pasado 5 de marzo, e como avance, o borrador da proposta de novos Estatutos,
co fin de que os socios puideran aportar suxestións, para mellorar
a proposta definitiva que se presentará na Asemblea que se convoca
ó efecto.
As cotas sociais son a principal fonte de recursos do Club. A
súa importancia merece un estudio aparte, falouse en moitas ocasións
da necesidade de aumentar as cotas, que por levar varios anos sen variar
o seu importe, parecen intocables, pero temos que asumir que o volume actual
de gastos e inversións, invitan a unha seria reflexión,
pois son debidos o maior número de actividaes e servicios que se
ofrecen os socios. Na Asemblea correspondente, debaterase esta necesidade
e a proposta de modificación de cotas.
Con todo isto, pretendemos establecer mecanismos que permitan
seguir avanzando na mellora do noso Club, polo que esperamos contar cun
amplo respaldo social.
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Estimados asociados:
Seguindo as disposicións dos nosos Estatutos e en cumprimento do disposto no seu artigo 23.2, convócase Asemblea Xeral Extraordinaria, que se celebrará o día 21 de maio de 2004, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e 20:00 horas en segunda, no Local Social da nosa Entidade, sita na Avda. Camelias 78, oficina K, de Vigo. De acordo coa seguinte:
ORDE DO DÍA:
1º Modificación de Estatutos do Club
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Estimados asociados:
Seguindo as disposicións dos nosos Estatutos e en cumprimento do disposto no seu artigo 23.2, convócase Asemblea Xeral Extraordinaria, que se celebrará o día 21 de maio de 2004, a continuación da Asemblea anterior, no Local Social da nosa Entidade, sita en Avda. Camelias 78, oficina K, de Vigo. De acordo coa seguinte:
ORDE DO DÍA:
1º Modificación de Cotas dos Socios
Contando
coa vosa importante asistencia e participación en ditas Asembleas,
recibide un cordial saúdo.
Vigo, 26 de abril de 2004
Xunta Directiva
Nota: A proposta dos novos Estatutos a presentar na Asemblea para o
seu debate, encontrarase dispoñible para a súa lectura na
secretaría do Club dende o día 14 de maio de 2004, e tamén
na páxina web do Club.
INFORMACIÓN XERAL DO CLUB
Homenaxe a Antonio Álvarez Ferreiro
Boletín
A partir deste boletín, para destacar as vindeiras actividades
que se anuncian, estas irán nun recadro con fondo gris. Pretendemos
deste xeito que se distingan, dunha ollada, os artigos de actividades xa
realizadas das actividades a realizar.
AXENDA
Venres, 21 maio “Asemblea Xeral Extraordinaria” para Modificación
de Estatutos. No Club, ás 19.30 horas en
primeira convocatoria e 20.00 horas en segunda.
“Asemblea Xeral Extraordinaria” para Modificación
de Cotas dos socios. No Club, a continuación
da Asemblea anterior.
Venres, 4 xuño “Velada Búlgara”, por Marina Lapteva (membro da Coral Casablanca). Charla e degustación dun prato típico do país. No Club, ás 20.30 h.
Venres, 11 xuño “Clausura XXXVII Operación Benxamín” e “Homenaxe a Antonio Álvarez Ferreiro”. Proxección de diapositivas e entrega de agasallos. No Centro Cultural Caixanova. Policarpo Sanz, 13 (Vigo), ás 20.00 h.
Venres, 18 xuño “Festa do Equinoccio”. No Club a partir
das 20:30 h.
SECCIÓN INFANTIL - XUVENIL
PROGRAMA maio-xuño 2004
Venres 7 20:30 horas: Apertura e presentación.
Proxección de diapositivas dos cursos anteriores no local social
do “Club Montañeiros Celtas”.
Sábado 8 Saída de Vigo ás 16:30 cara ó Monte
Aloia. Distribución no refuxio. Percorrido pola zona. Charla sobre
material de escalada. Xogos nocturnos.
Domingo 9 Teoría e práctica da escalada (marcha opcional).
Charla ¿como se fai unha mochila? Práctica de montaxe de
tendas. Animación e xogos.
Sábado 22 Saída de Vigo ás 10:00 cara á
área recreativa de Pé da Moa (Pontecaldelas). Montaxe do
campamento. Charla sobre a acampada. Concurso de cociña. Visión
de estrelas.
Domingo 23 Marcha. Teoría e práctica de orientación
en montaña. Recollida do campamento.
Sábado 29 Saída de Vigo ás 9:00 cara ó Lago
de Sanabria. Charla sobre material na montaña. Marcha e xogos nocturnos.
Travesía de montaña para os maiores (actividade opcional
supeditada).
Domingo 30 Marcha de montaña. Recollida e despedida.
Venres 11 xuño 20.00 horas. Clausura no auditorio
do Centro Cultural Caixanova. Proxección de diapositivas do curso.
Entrega de agasallos. Homenaxe a ANTONIO ÁLVAREZ FERREIRO
SECCIÓN DE CULTURA
XORNADA ETNOGRÁFICA. Sábado, 29 de maio.
Hora e lugar: 11:30 da mañá en Allariz na fonte
do "Campo da Barreira", diante do Mosteiro de Santa Clara en Allariz (moi
preto da estación de autobuses).
Apta para tódolos públicos, pero os menores deben
ir acompañados dalgún adulto responsable xa que non é
unha saída específica para infantil ou xuvenil polo que o
Club non levará monitores.
Duración aprox. da visita entre dúas horas
e dúas horas e media.
Máximo: 25 persoas.
¿Cómo chegar a Allariz?: Preguntar no club... pero ou se vai en coches particulares ou en autobús segundo a xente que se anote... así que canto antes vos anotedes, antes poderemos organizar o transporte a Allariz.
O percorrido cultural guiado consistirá
no seguinte:
Partindo ás 11:30 da fonte do campo da Barreira,
diante do Mosteiro de Santa Clara (moi preto da estación de autobuses),
recorreremos o casco vello de Allariz... nese "paseo" iranos explicando
a historia e o arte da vila. A continuación faremos a visita ós
museos do liño, do coiro, do xoguete e o muíño. En
total dura aproximadamente dúas ou dúas horas e media así
que máis ou menos á unha e media ou dúas da tarde
remata a actividade.
Trátase dunha xornada tranquila e relaxada que espero poidamos gozar cun tempo agradable.
Velada búlgara
O venres 16 de abril, anulouse a conferencia “Vivencias
e consellos dunha cantante de ópera” por varios motivos, pero o
venres día 4 de xuño pensamos retomar o tema facendo unha
velada búlgara. Con Isabel, tivemos unha charla moi agradable con
Marina Lapteva. Ofrécese a preparar unha comida típica do
seu país. Coñece algúns bailes así que esta
vez espero que todos nos poñamos a bailar e quizais cantar, esta
persoa é membro da coral Casablanca. Como para a velada africana,
pasaremos o peto. Creo que foi unha boa fórmula, non supuxo moito
para cada un e solucionou o gasto creado.
Pode ser unha velada moi bonita
e... Diferente.
Festa do Equinocio
Por razóns de datas, temos que cambia-la data
da festa de primavera. No seu lugar temos que convocar obrigatoriamente
as Asembleas.
Como a nova data é a mediados de xuño,
a chamaremos Festa do Equinoccio. Esta festa está programada
para o venres 18 de xuño a partir das 20:30 h. Estades invitados
á sangría, pero xa sabedes que todo o que poidades traer
para acompañar está ben vido, e agradecido (empanadas, biscoito...
o que se vos ocorra)... e non esquezades traer música variada para
bailar.
SECCIÓN SENDEIRISMO
Despois do noso parón de inverno, reanudámo-lo
camiño, e con moito éxito, xa que tivemos unha participación
de 32 camiñantes, e digo éxito xa que a metade foi xente
nova que con moito animo e comprensión fixo os 31 km. desta etapa,
que nun principio ía ser máis corta pero co tempo primaveral
que nos touco, animámonos a continuar ese pouquiño máis.
Como dixo Miguel xa no autobús de regreso, un aplauso para eles.
Saímos ás 16 horas directamente a
Vilalba, aproveitamos a luz da tarde para achegarnos ata a súa praia
fluvial e dar un paseo, pois na etapa anterior o día fora chuvioso,
e anque comemos nesa zona non puidemos gozala. Logo tomamos unha cervexiña
e seguimos ó albergue, instalámonos e fomos todos cear a
un restaurante. Despois algúns foron durmir e outros quedamos tomando
unha copa ata medianoite. No albergue, que por certo é estupendo,
comentáronnos que xa pasaran peregrinos no que vai de ano, pero
esta noite foi só para nós.
Domingo 7
Miguel espertounos ás 7,30 h. eramos moitos. O autobús
deixounos no centro, almorzamos e ás 9 h. saiamos, xa había
un montón de xente na rúa porque había feira. Estamos
na Terra Cha, e o terreo é cha, pasamos por numerosas localidades
pequenas con casas diseminadas, fixemos unha pequena parada en Alba cun
pétreo e afiligranado cemiterio neogótico, cruzamos varias
pontes romanas en medio de frondosos bosques de piñeiros, eucaliptos
e bidueiros para chegar a Baamonde ás 13,45 e 19 km.. Unha hora
perfecta para comer, cousa que fixemos no atrio da Igrexa de Santiago,
gótica de mediados do S.XIV. A carón encóntrase un
cruceiro triple e un curioso castaño centenario.
Ó carón desta igrexa está o restaurante
Galicia, propiedade do poeta Xoán Corral, unha casona típica
con máis de cen anos, e decorada interiormente coma un museo,
un tanto barroca pero moi espectacular. Aproveitamos para tomarnos un bo
godello e reserva-la cea para a nosa próxima etapa o día
24/25 de abril. Xoán púxonos en contacto con Concha,
a señora que atende o albergue, para que nos asinase a credencial,
ó que accedeu gustosamente, quedando reservado o mesmo para a noite
do 24.
Ás 15,30 h. continuámo-lo camiño pola N-VI,
paralela ó ferrocarril e ó río Parga para chegar á
fermosa capela de San Alberte, gótica da metade do S.XIV, no seu
exterior destaca a nobreza da súa talla reforzada por contrafortes
e aberta por portas de arco apuntado. Tamén hai que destaca-la ponte
baixomedieval do mesmo nome, formado por dous arcos oxivais separados por
un parteluz central. A paisaxe que rodea este entorno é moi pintoresca
e de gran beleza. Despois dunha breve parada para gozar da mesma, seguimos
a Santa Leocadia de Parga e a Seixón, onde nos estaba esperando
o autobús. Para entón xa estabamos todos moi cansos, porque
anque o terreo é cha en total recorréramos 31 km.
Como vedes estes camiñantes da sección de sendeirismo
sabemos gozar do asfalto dás vilas e da beleza da paisaxe da natureza.
Animámosvos a que continuedes con nós.
Seguen a disposición no club as favorecedoras camisetas
azuis do camiño a tan só 8 euros.
ElvA
O TRILHO DAS “BRANDAS”(PORTUGAL)
14 de marzo, en plena Serra da Peneda
Esta saída era un
pouco especial xa que o domingo era día de eleccións
xerais e polo tanto día de votacións, así que os 31
participantes saímos ás 8 horas con intención de regresar
a tempo e poder votar, pero na ruta, a pesares de estar moi
ben indicada, improvisamos o regreso e chegamos a Vigo ás
10 da noite
Cóntovos: como sempre
antes de comezar paramos a tomar un café; nesta ocasión
foi en Melgaço, logo continuamos ata o Santuario da Nosa Señora
da Peneda e a aldea de Rouças onde comeza o camiño, un camiño
empedrado que ascende paso a paso vencendo os desniveis e penetrando na
montaña. Antano pasaban os carros de bois que unían Rouças
ca Branda de Gorbelas. Esta illada aldea esta rodeada de campos de centeo
pechados por uns bonitos muros de pedra. Segundo se vai subindo, a vista
do val faise máis espectacular. Fixemos unha parada para descansar
nunha vella e abandonada branda que servía para que os pastores
pasaran a noite cos seus rabaños e así protexerse do frío
e da ameaza dos lobos.
Continuamos ata o lugar chamado “O Foso
do Lobo”, unha arcaica construcción de pedra para darlle caza
acurralándoo cara alí; algúns participantes quixeron
imitalo baixando ata alí. Agora tócanos a subida ata o Alto
da Pedrada, o punto máis alto da Serra da Peneda, 1416 metros. Neste
intre levabamos 3 horas subindo. Descansamos 15´ e comezamos a baixada
ata un claro para comer. Ata aquí todo ía ben, seguimos a
ruta, as marcas vermellas e amarelas e chegamos..., pero decidimos
non volver polo mesmo camiño, así que improvisando comezamos
a baixar monte a través, e aquí chegou a nosa desdita
e a imposibilidade de chegar a tempo para votar, xa que nos perdemos, caemos,
e todo o imaxinable
Ás 19 h. chegamos de novo
a Rouças, subimos ó autobús para continuar a Melgaço
onde paramos para beber algo. Chegamos a Vigo ás 22 horas.
Ángel, o noso chofer xa habitual nalgunha
outra saída, acompañounos na marcha, xa o fixera algunha
vez, pero comentounos que esta fora a máis forte, sobre
todo pola subida.
Agradecer a Conchi de Dios o ternos
proporcionado o plano da ruta.
Miguel síguenos a
sorprender en cada unha das saídas.
Elva
INICIACION Á MONTAÑA: LAGO DE SANABRIA
17 - 18 de abril
Despois dun día de duro
traballo para os 21 participantes, ás 20 horas saímos do
máis animado en autobús dende o Club con destino ó
refuxio que os montañeiros de Zamora teñen na vila
de San Martín de Castañeda, a 15 km de Puebla de Sanabria.
Fixemos unha parada de 30' na Gudiña
para un bocata e café. Chegamos ás 0:30 horas, instalámonos
e a durmir
Miguel, o noso guía, tocou diana ás
8 h para saír ás 9 en dirección ó Picón
(2078m). Saímos preparados para a choiva porque o día amencera
gris con bastante brétema. Para os que nunca estiveramos neste refuxio,
a panorámica sobre o lago e espectacular. O autobús levounos
ata a Lagoa dos Peixes e dende alí comezamos os 10 km que nos separaban
do Picón. A subida fíxose bastante asimilable para os que
non fixeramos nunca estas alturas, os desniveis non eran moi marcados,
pisamos neve e lamentamos que a néboa non nos deixara ver a paisaxe,
ademais de obrigarnos a ir case pegados. Sobre todo porque había
algúns rezagados que nos fixeron perder un pouco o ritmo. Gracias
ó GPS de Jose Antonio puidemos avanzar.
Ás 13:15 horas, como dirían
os expertos, coroábamos o cumio. Todos con moito apetito acomodámonos
e decidimos comer. O noso único descanso en toda a mañá.
A baixada resultou cómoda, pero
sobre todo, sorprendente xa que a néboa despexou quedando un ceo
azul e unha paisaxe de montañas seminevadas que non sabiamos
a onde mirar. Todos moi ledos co noso éxito, xa que esta é
a sección de sendeirismo.
De novo o autobús recolleunos
na lagoa dos peixes. Unha vez no refuxio démonos conta que a mestura
da néboa co sol deixáranos a cara colorada.
Ás 21:30 horas baixamos camiñando
ata a vila, con idea de visitar a súa igrexa e mosteiro, pero estaban
pechados, así que fomos tomar unha cervexiña e facer tempo
para a cea. Neste intre chegou Miguel Fernández, de Nigrán
que nos contou a súa estupenda viaxe ó Atlas coa federación
en Semana Santa. Fixemos unhas risas.
Ceamos estupendamente no restaurante A Terraza
e pasada a medianoite regresamos ó refuxio. Un día moi interesante.
De novo Miguel ergueunos ás 8 horas
para facer a ruta prevista, pero o día amenceu moi anubrado
e ventoso, polo que tivemos que cambiar de plans. Algúns quedaron
no refuxio, outros saímos camiñando a través dun bosque
ata Vigo de Sanabria - Pedrazalbes - Galende. En total 8 km
Ás 11:30 horas o autobús recolleunos
cos demais para levarnos a Puebla de Sanabria e facer unha visita cultural.
Ás 13 horas regresamos ó refuxio para comer
Como a zona é tan bonita o incidente
do mal tempo obríganos a visitar de novo este lugar para descubrir
as moitas rutas que dende aquí se poden facer.
MARROCOS - ACTIVIDADE DA FGM
Toubkal 04
Unha semana de pouco durmir indica que a viaxe está
preto. Comezan os preparativos, (recomendan leva-lo mínimo imprescindíbel,
ga, ga, ga. cargados coma sempre). Chegado o día, e cheos de ledicia
sentamos cada un na praza asignada pola federación, reconto e en
marcha.
Para comezar, unha pequena charla-ameaza sobre
a puntualidade e ao pouco cada un xa toma posición definitiva para
a viaxe, os da federación diante de todo, no medio os tranquiliños
e atrás os barulleiros. Os repetidores desta viaxe comezan a relata-las
súas vivencias anteriores, e a medida que se mete a noite intentamos
botar unhas cabezadas ate pasar Porto onde paramos a tomar un tentempé.
ACTIVIDADE DA FGM - MONTAÑEIROS CELTAS
XVII MARCHA GALEGA CON VIVAC
SERRA DO CAUREL
Val de Louzara
BUS: Saída o sábado 13, ás 7.30
h da FGM
(Rúa Fotógrafo Luís Ksado, Vigo)
ITINERARIO PREVISTO para a MARCHA
.
O sábado sairemos dende a parroquia de Abradelo
ó pé do monte Oribio. Ascensión ó sólido
macizo do Oribio ( 1443 m ), continuaremos pola zona alta, Alto do Pico
(1.288 m), Mociños (1.411 m) ata A Escrita (1.460 m), onde pasarémola
noite.
O domingo baixaremos o Val de Louzara ata Cortés e Lousádela, colleremos o curso do río Louzara polo antigo Camiño Real cara a Folgoso do Caurel. Aquí teremos un xantar de confraternidade.
Ámbalas dúas xornadas cobren unha distancia aproximada de 20 km cada unha.
CONCELLO : Folgoso do Caurel ( Lugo )
.
MAPA TOPOGRÁFICO NACIONAL: 124 - SARRIA
156 II - FOLGOSO DO CAUREL
ORGANIZA: Club Montañeiros Celtas, Sección Montañismo
ACTIVIDADE FAMILIAR
BICI DE MONTAÑA
“CURTA OU LONGA”
Trevinca, 17 18 abril
Ir a Trevinca para realizar un percorrido
de bicicleta xa sabemos o resultado que vai ter, “totalmente satisfactoria”.
É unha marcha de saída gastronómica, deportiva e relaxante
ao mesmo tempo. Dende que chegamos, ata o momento de regresar, é
un compendio de situacións, que non fan máis que desexemos
volver ao seguinte ano.
Un total de sete participantes
e tres acompañantes, chegamos ao Trisquel, Vilanova, sobre as oito
da tarde. Despois dun breve percorrido, polos que serán dous novos
apartamentos do Holding Marcos/Cholo en Vilanova, instalámonos no
que é xa noso 5º refuxio de montaña, “A Folepa”, fermosa
casa de madeira moi acolledora e confortable. Seguidamente chegou a tan
esperada cea, non nos defraudou o máis mínimo, xa que estaba
tan saborosa como de costume. Aderezada con bos viños, sobremesa
e licores, a guinda púxoa Jaime co seu só de guitarra acompañada
polas “doces” voces de Pepón, Fernando e Vázquez, por citar
as máis representativas.
Finalizamos a velada cunha interesante e amena
tertulia (pouco difícil isto, estando con Cholo).
Xa pola mañá, máis
dun agradecía que amañecese chovendo, e nevando por momentos,
pensando nun posible atraso na saída, ou o que é mellor,
a suspensión do recorrido... pero non, aquí non se suspende
nada (que logo nos chaman a atención na Asemblea do Club).
Segunda cita culinaria, o almorzo. Completo: tostadas
ao fogón, marmeladas variadas e cafés varios, fixeron que
atrasáramos a saída, un pouco para descansar.
Xa en marcha, acercámonos
en coche, ata Porto de Sanabria, onde comezaba o percorrido. Aquí
despois de mollarnos ben, sacando as bicis dos coches e prepararnos para
saír, posto que chovía e venteaba con ganas, xurde a dúbida
de se manter o longo percorrido inicial ou varialo a un máis curto,
ao longo do val de Porto.
Os máis machotes (de pantalón
curto), dicían longa-longa, os máis realistas e coñecedores
do que se anunciaba, dicíamos curta-curta, ao final triunfou o sentido
común, axudado polo frío e a neve que caía, e decidimos
percorrer o val de Porto, que foron 20 km entre regatos, campos, vacas
e as súas bostas que lle daban unha orixinal e “olorosa” cor verde
aos charcos polos que tiñamos que pasar.
MOTAÑISMO
SAN MAMEDE 19, 20, 21 marzo
O primeiro día tocaba camiñada
corta pero... ¡disque nunca se sabe!. Aínda que non foron
tantos quilómetros os que fixemos, chegamos cando xa caera a noite.
Logo din que son unha esaxerada por levar a lanterna na mochila. O autobús
deixounos na vila de Toro, na provincia de Ourense. Dirixímonos
ao Alto do Louredo (1358 m), aínda que só uns cantos decidimos
chegar ao cume, por iso de incluír un monte máis no parte
de montaña para o Concurso de Montaña. É certo que
ese motivo tira un pouco pero máis certo é que por enriba
están as gañas de facer montaña sen esperar nada a
cambio e por ve-las vistas dende o máis arriba posible. Despois
de facer a foto decidimos ir ao encontro dos demais para parar a comer,
ademais sopraba moito vento.
Comer sempre senta ben e a minisesta
de despois tamén, aínda que a uns lles rende máis
que a outros ou senón preguntarlle a Quique que só precisa
dun segundo para quedar durmido. Seguímo-la marcha cara a Rebordechao,
pero ata chegar á vila, houbo un pouco de todo. Baixamos por unha
antiga senda que aparecía no mapa pero que a simple vista non se
vía, os breixos, a carqueixa e demais vexetación ocúpanse
de escondela. ¡Unha selva de breixo!, iso era o que parecía
pois chegábano-las follas á cabeza e había que apartalas
continuamente da cara se non queríamos merendar especies autóctonas
de flora galega. Nun momento houbo que pegar un brinco e varias das integrantes
do grupo remataron cos pantalóns manchados: Mar, Françoise,...
as risas empezaron a xurdir de entre os demais. Así chegamos a unha
especie de miradoiro onde se atopa un trono en pedra para toma-lo tempo
de observa-lo val con tranquilidade. Sen parar moito seguimos baixando,
“a selva” perdura e escoitase o correr da auga, houbo que atravesar un
pequeno río. A medida que chegábamos a el a paisaxe ía
cambiando, os breixos daban paso aos fentos, pequenas árbores: abeleiras,
bidueiros, carballos, castiñeiros; ¡que ben ulía! Diversidade
de plantas: prímulas, plantas medicinais,... Estabamos no punto
máis baixo e tocaba volver subir, despois de pasar por Rebordechao.
Os lugareños deixáronnos enche-las botellas de auga nas súas
billas das cortes, pois aínda que había bar...
Chegados ao albergue das Corcerizas, fomos
practicamente directos ao comedor para cear pois xa era tarde e levarían
tempo coa comida preparada.
Ao día seguinte saímos
dende o albergue. A primeira parada fixémola uns poucos na fonte
de San Mamade e logo seguimos ata o alto, onde se atopa a capela (1619
m), e a rosa dos ventos que nos axuda a orientarnos e a intentar
distinguir ao lonxe: Manzaneda, o Xures, serra do Barroso,... Pegaba o
sol e máis dun aproveitou para secar a camiseta e pórse moreno.
Un grupo decidimos continuar co itinerario
previsto, pero tamén xorden alternativas. No grupo no que ía
seguimos camiñando cara ás Chairas de Fardán, Pedras
de Verea, baixabamos por unha pista que atravesaba un fermoso bosque ata
chegar ao río Edreira onde aproveitámo-lo espectacular lugar
para comer tombados no prado. Mentres uns empezaban a comer, outros metíanse
na auga como as súas nais os trouxeron ao mundo, ¡e que non
falte a sesta para os de case sempre!. Co bandullo cheo, tocaba a divertida
experiencia de cruza-lo río (nestes momentos Françoise sempre
se acorda da nai dalgún) e subir ata Campo Grande (1465 m) case
campo a través pero cara a arriba. Nas súas orixes tamén
ía por aquí un sendeiro pero claro, a ver quen lle di á
vexetación que non medre tanto para así facernos a camiñada
máis doada. No fondo fainos un favor, pois obríganos a
traballar as pernas e o pandeiro tamén. Seguimos cara ao Cazcallal,
o Seixo, os Penedos de Cereixal e baixamos ata chegar á Camba, onde
nos esperaba o autobús.
Hoxe no albergue tíñannos
preparada unha cea para recuperar a calquera, ¡que rico estaba todo!.
E mentres ceábamos, tivemos a visita dunha persoa moi coñecida
no Club e ao que se lle bota bastante de menos ultimamente: Sechu. Acompañábao
Xulio, o seu irmán, vicepresidente nacional da asociación
ecoloxista Amigos da Terra, asociación que xestiona as instalacións
do centro de “As Corcerizas”.
Fin de semana en branco. 27-29 de marzo
Eramos trece, número da mala sorte e
entón non podía saír ben.
Para comezar, debido ó reducido número de persoas tivemos
que prescindir dos servicios do autobús e levar coches particulares
para acercarnos ó noso punto de destino: o Porto de San Glorio.
As prediccións do tempo non eran moi optimistas,
pero íamos dispostos a pasar unha fin de semana longa nos Picos
de Europa leoneses. E alí chegamos unha fría mañá
de sábado, despois de máis de cinco horas de camiño,
con paradas en Riaño e noutra vila da que non quero lembrarme.
En Riaño uníusenos Gaspar, que viña
el só dende as terras de Catalonia para compartir con nós
eses tres días.
Despois de tomar algo quente e comprar un pouco de pan, seguimos camiño
ata chegar a Llanaves de la Reina, que era o noso punto de destino para
acceder ó refuxio de Tajahierro, onde íamos pasar as dúas
seguintes noites.
Aínda que a intención primeira era
a de facer vivac, o certo é que o frío conxelounos un pouco
as ganas e preferimos durmir ó quentiño gozando dun bo lume
e dun colchón.
Así que cando chegamos ó refuxio,
dada a hora que era e o estado da climatoloxía, decidimos tomarnos
unha xornada de relax, contando historias e chistes ó carón
da cheminea.
Ó día seguinte, despois duns cantos ronquidos,
emprendemos camiño cara a Peña Prieta. As condicións
meteorolóxicas eran ideais: estaba petado de neve, o termómetro
non subía de cero e ademais había néboa e nevaba ós
poucos.
Desta forma, e ataviados co traxe de campaña comezamos
a subir e subir, e o día comezouse a pechar e pechar, ata que case
non nos víamos os uns ós outros. Nun momento dado, despois
de acadar o cumio dunha lomba, decidimos que o mellor era dar volta, posto
que dende alí arriba non víamos nada e facía viruxe.
A baixada foi mellor que á subida, a medida que íamos
descendendo o día ía abrindo, de tal xeito que ó chegarmos
ó refuxio o ceo estaba case que aberto, e maldita a gracia que nos
fixo, posto que non tiñamos ganas de volver a subir. Así
que algúns de nós decidimos ir a Potes, esperando poder pasar
o porto de San Glorio, cousa que non foi difícil, posto que as máquinas
quitaneves estaban funcionando a tope.
SEMANA SANTA- ALBARRACÍN (TERUEL)
8-11 abril
A caravana de mulleres saíu de Vigo o día
7 ás 23.30 horas, e digo así porque de 45 persoas, 14 eran
homes e nenos, o resto eramos mulleres. A chegada a Albarracín foi
ás 11 da mañá. Despois de montar as tendas e saudar
a Gaspar, Perla, Ángel e Luísa, comezamos unha pequena camiñata
para estirar as pernas tras tantas horas no autobús. Estivemos en
zona de covas con pinturas rupestres levantinas moi preto da vila de Albarracín.
A cor da terra vermella e a paisaxe contrastaba ca cor verde dos piñeiros.
O día estaba chumbizo. Tomamos un tentempé no medio do bosque
onde algunhas pedras servían de asento. Unha pequena fonte proporcionaba
a auga necesaria... e regresamos ó cámping.
Pola tarde tivemos tempo para ver a vila de Albarracín,
declarado Monumento Nacional e situada a 1180 m de altitude, coas súas
murallas, as súas rúas estreitas, as súas casas cos
balcóns de madeira en perfecto estado, as portas con aldrabas curiosísimas
e remaches en forxa, a súa igrexa,... a panadería....
M. N.
ESCALADA
Manoel Chao
Para escalar no local social, lembrade o seu horario:
>
HORARIO BOULDER: MARTES A
XOVES, DE 19.00 H A 21.30 H
Curso de corredores da EGAM
Ubiña, 27 e 28 de marzo
Venres, vinteseis de marzo. Tiña pensado saír
pronto, cara ás catro, para o curso de corredores que fai a EGAM.
Ás cinco terminei de preparar a mochila. Saio pitando.
Nun principio o curso ía realizarse a semana anterior.
Cambiárono de día e faioume o truco de levantarlle o coche
ó meu pai. O meu ten xa máis de vinte anos e un rodamento
escarallado. ¡Miña naiciña, que ruído fai! Isto
racha en calquera momento. Uf, cheguei. Xa non perdo os cen euros do curso,
agora se racha que vaia ó carallo. Vou vivaquear diante da escola
de Torrebarrio, onde nos atoparemos mañá pola mañá.
Comeza a nevar, ¡que suaviñas as folerpiñas! Para o
coche, e así escoito a radio.
Ó día seguinte unha excelente mañá
anubrada. Hai bastante neve, e moi inestable, así que non imos subir
cara ós Fontáns como estaba previsto. Dende Pinos subimos
ata o chozo de Riotuerto. O todoterreo de Chapas permítenos subir
as mochilas ata uns 1400 m, onde a neve xa cubría xenerosamente
o camiño. Xa só quedaban uns 500 m de portar.
Montamos as tendas, e os ``profes'' á
cabana. Inda por riba de que eles cobran e nos pagamos. Despois de comer
algo comezamos repasando os ancoraxes en neve. Fixemos unhas T's cos piolets
e puxemos unhas áncoras na neve. Logo a rocha: cravos, empotradores
e friends. E agora simulacro de ascensión nos pequenos corredores
que soben á aresta suleste do Peña Cerreos. Ía un
frío e un vento de demo. Rapel e para as tendas. Por último,
coloquio con Juan Goyanes o que nos da algúns consellos e apórtanos
a súa visión do alpinismo técnico. Iso que agora se
estila tanto de máis lixeiro, máis rápido e máis
seguro. Cea e para a cama. Benditos sexan as saias das tendas os días
de vento.
ESPELEOSECCIÓN
50 Aniversario: Campamento Infantil-Xuvenil de Espeleoloxía
e VIII Campamento Galego Infantil-Xuvenil de Espeleoloxía
3-11 de abril.
¡Por fin! O tan esperado
e temido Campamento chegou. Tan esperado porque algúns dos participantes
tiñan a reserva feita dende hai meses e temido porque os que estaban
na organización non sabían se quedara algún cabo solto.
Deste campamento dicir que nun inicio tiña trazas
de converterse no 1º Campamento Infantil-Xuvenil “Nacional”, pero
como a F.E.E. non tivo a ben mollarse e aproveita-la ocasión que
lle brindamos en bandexa, deixou de selo antes de selo. O que si se celebrou
conxuntamente foi o VIII Campamento Galego Infantil-Xuvenil que por gracia
deste noso Club durou unha semana polo prezo de dous días. Concluíndo:
o noso Campamento Infantil-Xuvenil de espeleoloxía en conmemoración
do 50 aniversario do GES, foi unicamente NOSO. Si, os participantes eran
todos de Celtas agás Iván, que tamén é de Celtas
pero que este ano federouse polo ECA. Mágoa que outros clubs non
realizaran o esforzo de leva-los seus “novos”. Para a organización
prevista para cincuenta participantes foi o mesmo traballo e os únicos
prexudicados foron os mozos que non viñeron pois ademais de moverse
no mundo das covas, vivirían uns momentos que marcarían na
súa memoria como inesquecibles.
O domingo xa tocou cova. Foise a Arenas, cun día fresco e soleado. Distribuímonos en grupos e fomos cada quen por un lado para non tropezar. Foi unha boa toma de contacto. Andábase un pouco escasos de medios humanos e de transporte para distribuírse en máis covas. Pola tardiña Conchi regresaba a Vigo.
Cova de Arenas
Preparámo-los cascos, e o noso propio material,
saíndo de Vegacervera preto das 10,30h, dirección ó
río Curueño, por Valdeteja. Logo de media hora de automóbil
chegamos, a vintena de participantes e maiores, para entrar na cova de
Arenas.
Constituíronse dous grupos: un,
formado por Carol, Miliño, Claudia, Ramón, Alberto, Iván,
Jose e Daniel, tiraron máis cara a dentro, polas gateiras que conducen
ó pequeno lago, por onde percorreron unha galería meándrica
ata uns destrepes, asegurados con corda. Á volta atopáronse
ó segundo grupo, constituído por Lourdes, Óscar, Conchi,
Serafín, Álvaro, Tina, Laura, Jorge, André, Astar
e Marta, preto do lago, dedicando tempo ó famoso xogo dos números.
Ó final, mentres o segundo grupo ía saíndo, o outro
percorreu, algo despistado, o labirinto no inicio da cavidade, atopando
tres morcegos.
Cambiámonos e xantamos ó carón
dos coches, regresando sobre ás 18 h ó campamento, onde entretidos
con algún xogo esperamos á cea, que estaba contratada. Mentres,
Carol e Daniel foron prepara-las instalacións para as prácticas
de exterior do día seguinte.
O luns, aplicando crema con protección para que o sol non fixera estragos, acudiuse ás paredes, preto do núcleo de Vegacervera, que se estiveran instalando o día anterior.
Actividades de vertical
O luns día cinco pola mañá,
instaláronse dúas cordas para practicar vertical nun “peñón”
rochoso nas cercanías do campamento, mentres un grupo de nós
ía a unhas pequenas (pero fermosas) cavidades que hai na zona. Tamén
se aproveitou o tempo para cravar algúns spits , ou aprender
a facelo os que non sabiamos. Máis tarde , ó mediodía
chegaron os reforzos : Emilio (que vira cun virus italiano), Iago , Jabato
e Mónica . Pola tarde continuou a xornada de igual forma que
transcorreu a mañá , pero os que pola mañá
fixemos vertical , pola tarde fomos á cova , e viceversa. Máis
tarde desinstaláronse as cordas e ó día seguinte instaláronse
tres cordas nunha viga do pavillón-campamento. Desta forma
, fóronse facendo diversas actividades referentes a vertical ó
longo da semana e cando nos apetecía (o que era digno de agradecer).
Cova de El Burro
Cavidade de dúas entradas. A
máis pequena descartada porque diante dela, no exterior hai un letreiro
que di “peligro abejas” e detrás do letreiro miles de abellas. A
entrada practicable ten dúas bifurcacións, o desenvolvemento
máis longo da cavidade vai pola da esquerda sendo unha galería
de amplas dimensión ó inicio e cómodo recorrido en
toda a súa lonxitude agás algúns pequenos trepes,
na segunda metade, as galerías de nivel superior. Ós poucos
metros da entrada hai un tramo colmado de gours de diversos tamaños
e, nesta ocasión, con auga. Aparecen bastantes formacións
en todo o percorrido. Entramos na cavidade por grupos alternando coas prácticas
de vertical en parede. A cavidade encóntrase bastante deteriorada
polo acceso a ela de animais, encontrándose o chan, nos primeiros
tramos, cheo de deposicións. ¡Unha pena!. Atopamos varios
morcegos.
O martes, con tanto sol previamos que a neve ía desaparecer,
así que había que facer unha visita a algures. O lugar escollido
foi o porto de Vegarada, máis non chegamos por mor da neve que cubría
a pista, a onde si chegamos foi a un remonte, o de Pinos, da Estación
de San Isidro na vertente contraria á ubicación da estación
e tamén a algunhas palas de neve onde poder tirarnos con plásticos
facendo cadeas e demais exquisiteces. Mágoa que Emilio tivera febre
e non puidera tirarse cos demais. Á primeira de cambio, cando a
primeira pala xa aburría houbo que mandar a algún para o
campamento case en pelotas... e iso que todo o mundo sabía que tiña
que levar roupa e calzado de reposto. Unhas sesións máis
de neve e, de volta ó campamento, fíxose a primeira incursión
en Lendreras. Bonita e sorprendente cavidade.
E, pola noite, despois da cea servida polo cátering, xogos e
xogos cooperativos para goce de novos e non tan novos, organizados, como
tódolos días, por Mónica e Jabato (que están
facendo un curso de monitores de tempo libre e, polo que se veu, con moito
proveito). Tamén Emilio, coa axuda de claudia e Ramón fixo
que bailáramos danzas de diversas partes do mundo. ¡¡¡Que
ben o pasamos!!!
O mércores, seguía un fermoso sol alegrándono-lo
espertar e espelíndono-lo frío nocturno da “neveira”. Era
o quinto día, o resultado do contacto das mans coa calcaria, co
sol e coa neve era que o que máis e o que menos tiñamos as
mans queimadas. A ninguén se lle ocorrera botar crema protectora
nas mans.
Hoxe tocaban as covas de Santa Lucía: O Laberinto e a dos Grajos.
Alí, distribuídos en dous grupos, visitáronse as dúas
covas. Á saída regresouse ó campamento agás
un reducido grupo: Carolina, Óscar e Daniel que foron a explorar
a cova de Perros para visitala nos vindeiros días. Pola noitiña
chegan os reforzos: Escrich, Adrián, Conchi, Antón, David,
Cándido, Isa, Chus e Camilo. Tamén Moncho e Ubaldo que pretendían
pasar uns días de escalada na nosa compaña. E marcha o querido
Xabier a face-lo módulo de Canóns para acceder ó curso
de Técnicos da E.E.E. a Escalona (Huesca).
Cova do Labirinto
Unha cova de dificultade
media, situada nunha antiga mina de carbón. A cova baixaron Miliño,
Dani, Jabato, Mónica, Claudia, Miguel, Alberto e Ramón. Como
o seu nome indica a cova ten unha forma labiríntica. Cunhas formacións
impresionantes. Todo transcorreu tranquilamente, inda que cabe destaca-la
estraña, pero eficaz, instalación de descenso dun pequeno
pozo, feita por Javi e Dani.
Cova de los Grajos
Á Cova dos Grajos fomos un nutrido grupo de espeleólogos
mentres outro grupo ía á Cova do Labirinto. Entramos polo
boca superior, si! Por aquel pequeno burato que máis dun pensou
que era moi pequeno para eles (e os maiores???!!!).
Percorremos a cova de arriba a abaixo, meténdonos en case todos
os buratos posibles, que non eran moitos. Pasamos caladiños e espacio
por aqueles sitios onde os morcegos quixeron saudarnos co seu durmir pendurado
e saímos pola boca inferior da cova que está uns 20 metros
por debaixo da superior. Despois de sacarnos unhas fotos, un grupiño
volvemos dentro da cova para saír pola boca pola que entraramos
e recoller así unha saca que quedara dentro. Os outros subiron polo
monte e agardabannos á saída.
O xoves, o tempo sorprende. E nesta ocasión sorprendeunos pasando
dun sol veraniego a unha fermosa e sempre atraínte nevada, só
que para Moncho e Ubaldo sería un atranco para facer actividade.
Para algúns xa eran moitas covas seguidas así que decidimos
facer prácticas de corda no pavillón e logo “...aconsellados
e acompañados” de Emilio foron recorrer a senda dos fósiles,
unha pequena senda circular con centro en Vegacervera. Os demais foron
a Lendreras e nesta ocasión, Miliño, José Carlos e
Alberto fixeron a travesía ó revés, de abaixo para
arriba e saíron polo enrellado, entrada principal.
Cova de Lendreras
O quinto día
de campamento, acercámonos ata un cruce de camiños na ponte
de Villarín, antes de Tolibia, onde, cruzado o río, adentrámonos
pola boca inferior.
Durante
o primeiro traxecto, do cal chamaba a atención a cor tan clara das
súas paredes, seguímo-la galería con comodidade pois,
salvando un par de pasos un pouco estreitos, era o suficientemente alta
como para ir tan só un pouco encurvados. Ó chegar aproximadamente
á metade da galería, atopamos unha especie de “mostrador”
polo que había que pasar para chegar a un cruce de dúas galerías
(ambas gateiras) e unha vez alí, e tras varias inspeccións,
decidímonos polo túnel da esquerda. Tras avanzar por el,
puidemos escoita-lo fermoso ruído do río, polo que hai
que meterse para ve-la parte máis concrecionada da cova, chea de
formacións de todo tipo, preciosas, e en algúns casos orixinais,
como son estalactitas con cornos ou a que representaba o símbolo
da victoria. Continuamos polo curso do río, apartándonos
del tan só un par de veces, ata desviarnos finalmente nun chanzo
no que había o paso máis estreito da cova e que daba a unha
sala chea de pintadas feitas co lume dos carbureiros. Despois desta
sala metémonos por unha pequena gateira e chegamos por fin
á sala pola que se baixaba dos pozos. Aquí dividímonos
en dos grupos. Mentres un esperaba, outro, constituído por Dani,
Miliño, Alberto, Ramón e máis tarde Jabato,
adentrámonos un pouco máis para ver se continuaba ata chegar
a un pequeno pozo que quedou sen explorar. Reunímonos de novo
e saímos.
A segunda incursión
realizouse o sétimo día, cun grupo composto polos máis
pequenos (Astar, Antón, André e David) e os que non querían
gozar do “día sabático I”. Todo sucedeu practicamente igual
que na anterior visita. Ó chegar á metade da cova fixemos
un pequeno descanso e Antón e David servíronnos unhas
“bebidas” (que non eran outra cosa que pedras) e Miliño baixou
polo pozo que quedara sen explorar, descubrindo que non continuaba; e que,
tamén Miliño, acompañado por Alberto e Jose Carlos
subiron polos pozos escalando ata chegar á saída superior.
Unha vez xuntos cambiámonos, comemos e ¡outra vez ó
campamento!
O sábado, despois do duro venres, seguiamos con neve, mais non era obstáculo para facer cousas. Era día de levantar tarde, recolle-lo material que tiñamos espallado polo pavillón, e da-los últimos retoques. Adiviñábanse tristuras nas caras. Os días pasaron sen decatarnos e queriamos seguir, ¡incrible!. Á tardiña avisamos ó Alcalde para face-lo acto de clausura e da-los regalos previstos.
O domingo, día triste de recollida e regreso. Cando tiñamos tódalas mochilas e sacas xuntas empezou a tortura de embutilos nos coches, nunca se sabe o que pode caber nun coche por pequeno que sexa, se é grande xa non digamos.
Tódolos días o desenvolvemento do campamento baseábase na visita á cavidade e nas prácticas de corda ate a tarde. De regreso ó campamento preparábase o material para o día seguinte e logo tempo de lecer con xogos e demais ate a hora da cea. Despois de cear tamén había tempo para .... ate a hora de durmir, que para algúns era ben tarde.
19-21 Marzo.
XXXVII Campamento Galego de Espeleoloxía.
Os días 19, 20 e 21 de Marzo celebrouse en Seoane
do Caurel o XXXVII Campamento galego de espeleoloxía, organizado
por Ártabros.
Incorporámono-lo venres 19 á noitiña,
acampando no camping, á espera da chegada do dúo de espeleólogos
lusos do GPS, que tíñamos como invitados. Como a espera facíase
extensa, fomos para o saco, para xa buscalos ó día seguinte.
Un precioso amencer. Sol radiante, ceo despexado, sen calor
e sen frío... mesturado cun cheiro do campo veciño. Fixemos
dous grupos: Carol e Daniel levaron ós portugueses Ricardo e Hernani
a Teixeira, sima de 75 m que dá paso a un interminable meandro con
diferentes niveis, activo ó máis baixo, e galerías
afluénticas. Chegaron ata o caos de bloques.
O outro grupo, constituído por Lourdes, Emilio,
Jesús, Ana e Jorge, percorreu as galerías principais da cova
de Cortiñas ou Boucelo, primeiro pola sala de entrada, e logo polo
meandro repleto de formacións, que por medio doutra galería,
pódese percorrer en sentido circular.
Ás oito xa estabamos no cámping, todos lavándose
un pouco, para encamiñarnos á vella escola de Seoane, para
ver unhas fotos de diferentes clubs galegos. Ás 22:30 h estábamos
ceando no bar, cea todos xuntiños, rápida, iso si, e a probar
un licorciño portugués.
Á mañá seguinte, despois de almorzar
e recoller todo, fomos patear á devesa da Rogueira, para que os
amigos portugueses a coñecesen. Xantamos logo na aula da natureza
de Moreda, e tiramos para casa, parando en Folgoso e A Cañiza,
para despedirnos dos compañeiros.
Estivemos neste campamento: Daniel, Carolina, Emilio B., Jesús,
Jorge, Ana, Lourdes, Hernani e Ricardo.
Inda quedaban cousas por ultimar en Vegacervera para o campamento
Infantil-Xuvenil, en conmemoración do 50 aniversario, así
que unha fin de semana máis había que colle-lo camiño
para esa bonita vila. Así foi como saímos cedo o sábado
para recoller a Daniel en León, que era previsto para as doce pero
foi ás dúas. Cousas do transporte público.
Xa en Vegacervera, primeiro as cousas alleas ás covas,
o pavillón, onde ubica-las mesas para comer, onde a zona de durmir,
..., os servicios, ... onde mercar comida e pan, concreta-lo catering,...
onde facer técnica de vertical en exteriores. Unha morea de cousas
que iamos cerrando despois de falar co Alcalde, que puxo á nosa
disposición tódolos servicios que tiña. Despois localizámo-la
boca da cova do Laberinto e pouco máis porque o compañeiro
chegado de Oviedo non viña só, traia unha media intoxicación
que lle doaran na residencia onde habita, ... así que con febre,
trocámo-la ruta de regreso tomando un café en Oviedo. Os
que aquí fomos Carolina, Daniel, Conchi, Lourdes e Óscar.
CANTABRIA SEMPRE É UNHA BOA OPCIÓN (6-11 abril)
Cando a Sección en pleno xa se encontraba gozando das covas de Vegacervera, Pilar fixo unha nova incursión en terras Cántabras.
Íamos con moitas ganas de ataca-la mítica
e temida travesía do Cueto-Coventosa. Pero o noso gozo terminou
nun pozo, que non resultou ser precisamente o Juhué, impresionante
pozo de 22 metros na entrada do citado sistema.
O plan era face-la travesía o mércores,
pero decantámonos por outra suxestión: Garma Ciega. Sen embargo,
o mércores amenceu cuberto e choveu, sendo esta a tónica
xeral de tódolos días. Así que volvemos cambiar
de plans e decidimos visita-la Gándara.
Este sistema foi atopado tras unha laboriosa desobstrucción
hai case tres anos por un grupo de espeleólogos de Dijon (Francia).
Dende entón non pararon de explorar (de feito, atopamos un coche
cun cartel que puña que estaría dentro da cova toda unha
semana), e a cavidade xa lles desvelou os segredos de 30 quilómetros
de galerías. Sen dúbida, a Gándara está chamada
a ser unha das clásicas de Cantabria, e xa hai quen realizou unha
travesía. Nós chegamos ata a enorme sala onde se atopan dúas
atronadoras fervenzas de 40 metros. Nesta mesma sala tamén vimos
o teito marabillosamente ornamentado con excéntricas formas do máis
caprichosas, na que Sergio e mais eu comprobamos con alivio que a
excéntrica en forma de escada que viramos no Nadal aínda
seguía enteira. A saída da cova foi un pouco traumática:
estábase mellor dentro que fóra, pois non había vento
nin chovía.
O venres un nutrido equipo adentrámonos noutra
travesía, a de Vallina. Mentres se acumulaba a neve na lúa
dianteira do coche, a xente estaba a se cambiar, e non precisamente de
roupa senón de opinión. Foi necesario un segundo intento
para poñerse en camiño á que se chama Balea, e non
Vallina, pois hai algunhas galerías que deben ser do máis
parecido. Estivemos facendo fotos das súas xigantescas galerías
e salas. Esta cavidade tería a estar dentro da gorxa dun destes
animais... Incluso nos pareceu ver a Gepeto e Pinocho.
Ós dous días seguintes esperabamos que os
pozos da entrada estiveran moi regados, tampouco puidemos subir ata a entrada
do Cueto, así que haberá que intentalo noutra ocasión.
Marchámonos con pena da casa de Alfredo, polos
amigos que deixabamos atrás, e pola travesía que nos quedara
pendente. Pero haberá que volver, porque Cantabria sempre é
unha boa opción.
A sección
¡Xa hai camisetas da Sección á venta,
conmemoración 50 Aniversario GES
Só 6 euros!
Espeleonovas
¡Atención ós cambios!
>> 1 - 2 de maio. Curso Cartografía Topografía. Módulo
de perfeccionamento de espeleoloxía
>> 8 - 9 de maio. Curso de perfeccionamento técnico de espeleoloxía,
en Mondoñedo.
>> 8 - 9 de maio. Imos coa xente nova. Hai cinco futuros espeleólogos
esperando entrar en cova. Pois xa vos toca. Será no Caurel.
>> 15 - 17 de maio. Curso de perfeccionamento técnico de espeleoloxía,
en Liñares.
>> 15 - 17 de maio. Hai saí¡Atención
ós cambios!
>> 1 - 2 de maio. Curso Cartografía Topografía. Módulo
de perfeccionamento de espeleoloxía
>> 8 - 9 de maio. Curso de perfeccionamento técnico de espeleoloxía,
en Mondoñedo.
>> 8 - 9 de maio. Imos coa xente nova. Hai cinco futuros espeleólogos
esperando entrar en cova. Pois xa vos toca. Será no Caurel.
>> 15 - 17 de maio. Curso de perfeccionamento técnico de espeleoloxía,
en Liñares.
>> 15 - 17 de maio. Hai saída non de calendario.
Posiblemente a Oceño (Asturias)
>> 22 - 23 de maio. Prevemos recupera-la saída XUVENIL que non
se fixo en marzo. Será como estaba previsto en Pedrafita do Cebreiro.
>> A ACTIVIDADE DE CONMEMORACIÓN DO CINCUENTA ANIVERSARIO EN
MONDOÑEDO QUEDA APRAZADA PARA XULLO.
>>¡Lembrade que se fan actividades que non figuran no calendario,
pasade polo club (de paso botades unha man) e vos enterades!da non de calendario.
Posiblemente a Oceño (Asturias)
>> 22 - 23 de maio. Prevemos recupera-la saída XUVENIL que non
se fixo en marzo. Será como estaba previsto en Pedrafita do Cebreiro.
>> A ACTIVIDADE DE CONMEMORACIÓN DO CINCUENTA ANIVERSARIO EN
MONDOÑEDO QUEDA APRAZADA PARA XULLO.
>>¡Lembrade que se fan actividades que non figuran no calendario,
pasade polo club (de paso botades unha man) e vos enterades!
MULTIACTIVIDADE
Os días 26 e 27 de xuño, o Club Montañeiros
Celtas vai celebrar a II edición desta orixinal Travesía
pola Ría de Vigo e o seu entorno, combinando diversas actividades
deportivas en contacto coa natureza: kaiak de mar, espeleoloxía
(en furna), escalada, montañismo, natación e bici de montaña;
pasando por tres refuxios do Club e cos elementos mar e montaña.
O pasado ano, 8 montañeiros celtas
completaron a travesía, nesta ocasión e coa experiencia atesourada
pola organización, anímamos a participar a máis socios
do noso e tamén a membros doutros clubs. É unha actividade
non competitiva, sendo o máis importante “gozar” do precioso entorno
no que se desenvolve e compartir cos compañeiros esta pequena aventura,
preto das nosas casas. Sechu
PROGRAMA PREVISTO
Día 26, sábado
> Control de saída na praia de O Vao (Coruxo, Vigo) ás
9.00 h
> Cruce da Ría de Vigo en kaiak de mar (13 km). Saída:
ás 10.00 h. Percorrido: Praia do Vao (saída) - Samil ata
Cabo de Mar - cruce da Ría - faro de Punta Borneira - praia de Liméns
Punta Subrido Praia de Melide (chegada). Estimase a chegada sobre
as 12.30 h
> Desembarcamos e achegarémonos (en 15 minutos) á Furna
Do Lago para recorrela.
> De seguido sairemos a pé (2 Km) ata a zona de Escalada de
O Facho, en Donón, onde escalaremos unha vía fácil.
A continuación comeremos.
> Marcha de montaña (31 Km): Donón - Faro Domaio. Pola
tarde, ás 15.30 h sairemos a pé, pasaremos por Nerga, Liméns,
seguiremos dirección ós montes de Varalonga, Outeiro Da Raposa,
Alto da Portela, Monte Érmelo, Monte Paralaya, Chans de Botas, Alto
do Cruceiro (Pastoriza), Monte Xaxán, e de seguido alcanzaremos
ó Faro Domaio (622 m), onde chegaremos coa luz dos frontais, para
pasa-la noite no refuxio que temos neste monte. Duración estimada:
7-8 horas.
Día 27, domingo
> Pola mañá descenso a pé ata a Ponte de Rande
(9 Km). Saída do refuxio de Faro Domaio ás 9.30 h para estar
á beira do mar sobre as 11.30 h.
> Cruce da Ría de Vigo a nado (800 m), polo estreito de Rande.
Tramo previsto: Punta Aradoiro (San Adrián de Cobres) - Praia de
Rande (Chapela). Saída ás 12.00 h, remate ás 12.30
h
> Ó chegar a terra, faremos un acto en lembranza do Capitán
Nemo. A continuación será a comida.
> Percorrido en bici de montaña (36 Km). Saída da praia
de Rande ás 15.00 h - Vixiador Serra do Galiñeiro (refuxio)
- Monte Aloia (refuxio) - chegada a partires das 18.00 h.
ACTIVIDADES SUBACUÁTICAS
UNHA INMERSIÓN MOI AXITADA (15 de febreiro)
CAMPIONATO SOCIAL DE PESCA SUBMARINA
O pasado día 25 de abril celebrouse en augas da ría de Baiona e Cabo Silleiro o Campionato Social de Pesca Submarina. Aínda que a participación foi escasa, esperamos que os clasificados nos dean tantas alegrías nos campionatos galegos como o ano pasado.
A Subvirulillas
¡¡¡UN , DOUS, TRES... INMERSIÓN!!!
A sección de Actividades Subacuáticas comprácese en invitar a tódolos mergulladores do club á inmersión programada para o 23 de maio. Para os que vos anotedes, abrirase unha lista no Club, na que se incluirán os datos da inmersión. Como de costume o lugar determinarase en función do número de mergulladores e das condicións do mar, pero temos previsto ir ás Illas Cíes. O prezo desta inmersión é de 28 € (inclúe botella), pero xa que temos 3 botellas do Club, o prezo para os tres primeiros anotados será de 23 €. Hai posibilidade de aluguer de material.
Dende a sección pregamos seriedade á hora
de ter a licencia federativa en vigor e de inscribirvos: non esperedes
ó último momento para sacar a licencia, para apuntarvos nin
para darvos de baixa. Todo isto repercute de xeito negativo na organización
da actividade.
Temos 6 prazas ¡Esperámosvos!
VINDEIRAS ACTIVIDADES
MAIO
15-16-17 Ponga (Asturias) Serra de Ponga S.D. Montañismo
15-16-17 Liñares Curso Perfeccionamento Técnico
de espeleoloxía E.G.E.
21 Local Social Asembleas Xerais Extraordinarias Xunta Directiva
22-23 Pé da Múa Infantil. XXXVII Operación
Benxamín. S. Infantil-Xuvenil
22-23 Pedrafita do Cebreiro Xuvenil. Descubre as covas S.D. Espeleoloxía
22-23 Chandrexa Serra de San Mamede S.D.Sendeirismo
23 Illas Cíes Inmersión submarina S.D. Actividades
Subacuáticas
29 Allariz Andaina Popular Allariz Concello de Allariz
29 Allariz Xornada Etnográfica S. Cultura e Medio Ambiente
29-30 Lago de Sanabria Infantil. XXXVII Operación Benxamín.
S. Infantil-Xuvenil
29-30 Galiñeiro Curso Escalada-Iniciación EGAM
30 Noia Marcha de Primavera. PRG.11 Devesa do Nimo. S.D.
Sendeirismo
XUÑO
4 Local Social Velada Búlgara S. Activ. Sociais - S. Cultura
5-6 A Seara Xornadas técnicas Descenso de Barrancos S.D.
Montañismo
5-6 O Rosal Piragüísmo Popular. Río Tamuxe
S.D. Actividades Subacuáticas
5-6 Pedrouzo O Camiño do Norte. Etapa VII (e derradeira)
S.D. Sendeirismo
5-6 Budiño - Eume Curso Escalada en Parede EGAM
11 C. Cultural Caixanova Clausura XXXVII Op. Benxamín.
Homenaxe a Antonio Álvarez S. Infantil-Xuvenil - S.A.Sociais
12-13 Folgoso do Courel XVII Marcha Galega con Vivac. Serra do
Courel FGM - Montañeiros Celtas
13 Ría de Vigo Inmersión Submarina. S.D.
Actividades Subacuáticas
18 Local Social Festa Equinocio S. Actividades Sociais
19-20 O Rosal X Descenso Galego de Barrancos. Río Cal
FGM - Xistra
19-20 Caurel 9º Campamento social infantil-xuvenil espeleoloxía
S.D. Espeleoloxía
20 Galiñeiro Xornada de Iniciación á Escalada
S.D. Escalada
26-27 Ría de Vigo Travesía: Kaiak mar+Espeleo+Marcha+Natación+BTT+Escalada
SS.DD. do Club
26-27 Noia XV Campamento Galego Descenso de Canóns F.G.E.
26-27 Budiño Curso Escalada Artificial EGAM
26-27 Melón Curso Descenso de Barrancos EGAM
27 Cangas Península do Morrazo. Cangas – Cabo Home S.D.
Sendeirismo
Edita: Club Montañeiros Celtas. Dirección, maquetación
e montaxe: José López Pérez “Sechu”.
Normalización lingüística: Enrique González
Cameselle.
Colaboran neste número: Lourdes Castiñeira, Emilio
Ballesteros, Daniel Ballesteros, Carolina Rodríguez,
Claudia Fernández, Alberto Fontenla, Ramón Rodríguez
Villar, Miguel Caramés, Isabel Maestu, Françoise Fauré,
Elvira Álvarez, Pilar Orche, Conchi Barciela, Juanjo Vázquez,
Manoel Chao, Francisco Escrich, África Leiros, Andrea M. Rosario,
Xulio Troitiño, Marisa Núñez, Xosé Lois Iglesias,
Xabier Fernández Posa..
Club Montañeiros Celtas non comparte, necesariamente, as opinións
dos seus colaboradores.
Imprime: Copy Camelias. Depósito Legal: VG:40-1998. Impreso
en papel reciclado
Subvencionado pola Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria. Dirección Xeral de Política Lingüística