Boletín de Abril de 2001 do

Club Montañeiros Celtas


ÉPOCA DE CAMBIOS

¡Estamos crecendo!  Somos o club galego con máis socios, preto dun milleiro, e o máis veterano, o vindeiro ano celebrámo-lo 60 aniversario; pero xa non esperamos máis e por fin imos afrontar un gran reto social, a compra dun local, non é a estrenar, mais está ben e será noso, ten unha maior superficie que o actual e poderémolo dividir como mellor conveña pois está diáfano, esperamos contar coa vosa colaboración e ilusión para convertirlo nun lugar grato e ameno. Deixa-lo local da rúa Marqués de Valladares será triste, non polo inmoble que é alugado, vello e  húmido, senón polos moitísimos anos acollendo as reunións dos socios, dos seus proxectos e os seus soños compartidos, os recordos farano añorar. Pero hai outros cambios, o asunto do tabaco é o máis controvertido, non se poderá fumar no local social nin nos refuxios do Club, para uns é un logro moi dexesado pola mellora da calidade do aire a respirar neses recintos pechados, para outros é unha privación da liberdade e unha falta de tolerancia; aínda que sexan posturas contrarias, o lóxico é pensar que o compañeirismo estará por riba das diferencias. Tamén adaptarase o nome do club á nosa lingua, polo que seremos "montañeiros", unha palabra fermosa que nos identifica con Galicia.
     E por se fosen poucas novidades, o boletín que tedes nas vosas mans é máis variado e ten máis contidos, reflictindo, entre outras cousas, as distintas actividades e actos do Club ou dos socios, que poden ser de interese para todos; para ofrecer toda esta información o número de páxinas auméntase.  Se   esta ampliación e do gusto de todos será un motivo de satisfacción para os que participamos nesta publicación; pero todo é mellorable, e se ti queres colaborar, ponte en contacto connosco e fainos chegar as túas suxerencias ou ben escribe artigos relacionados con actividades do Club, aínda que as fagas pola túa conta.
EDITORIAL
 


Chus Lago

Presentación do seu libro:

Everest. Fuera de la Tierra

Lugar:  Centro Cultural Caixanova,  Sala de Conferencias.
Data: 11 de Maio de 2001
Hora: 20:00 h

¡Non faltedes!
 
 

INFORMACIÓN XERAL DO CLUB

RESUMO DAS ASEMBLEAS
XERAIS DO 30 DE MARZO

       Estiveron presentes 52 socios con dereito a voto e poucos máis.
       Foi aprobada a acta anterior con algunhas modificacións, así como o balance do ano 2000 e o orzamento do presente ano.
       Presentáronse os principais proxectos da Xunta Directiva para o ano 2002 con motivo do "60 Aniversario": Marcar un novo sendeiro, a Dorsal Galega; Conferencias e exposicións conmemorativas; Expedición internacional ós Andes Bolivianos. Ademais, Chito Veiga ofreceuse para preparar unha publicación que reflicta os 60 anos da historia do Club.
       Debatéronse dúas propostas presentadas por socios: a) "Non permitir fumar no local nin nos refuxos do Club", que foi aprobada por unha estreita marxe de votos. b) "Adaptar ó galego o nome da entidade, denominándose Club Montañeiros Celtas", sendo aprobada por ampla maioría.
       Entre os "rogos e preguntas" algúns que xa van reflictidos neste boletín, como o de publicar os membros da Xunta Directiva, mellora-lo boletín (non repetindo os mesmos asuntos) e informar da Asemblea da F.G.M. e das súas actividades.
       Tamén aprobouse, por maioría suficiente (máis de dous tercios dos socios presentes con dereito a voto) a compra dun local social. A financiación desta operación explícase no artigo "Adquisición de novo local social".
 

ADQUISICIÓN
DE NOVO LOCAL SOCIAL

En Asemblea Extraordinaria, celebrada o día 30 de Marzo de 2001 no local social do Club, decidiuse a compra dun novo local social sito na Rúa Camelias, 78, baixo, oficina K.
Esta adquisición supón un elevado custo, o 70% do prezo será financiado cunha hipoteca, o 30% restante hai que aportalo no momento da compra, ademais necesitaremos aproximadamente un 10% máis para os gastos que acarrea a operación, para reunir este 40% recurrimos ós fondos do Club e ás  seguintes aportacións dos socios:

1.- COTA EXTRAORDINARIA de 4.000 pts. aprobada en dita Asemblea. Atendendo diversas opinións expresadas polos socios, esta cota foi concretada en Xunta Directiva de data 2 de Abril de 2001 en función das seguintes particularidades dos socios:

* Socios de Número INDIVIDUAL
- Infantís e Xuvenís (menores de 18 anos).....0%   cota.
- Adultos que convivan no mesmo enderezo.50%     "
- Adultos en xeral ....................................100%     "

* Socios de Número FAMILIAR...............100%     "

2.- TÍTULOS DE DÉBEDA. De subscripción voluntaria, tamén aprobados na Asemblea Extraordinaria. Especificados en Xunta Directiva (02-04-2001) nos seguintes termos:

Valor nominal: mínimo 5.000 pts
Data de emisión: do 2 de Maio ó 31 de Xullo de 2001
Xuros : 0%
Prazos de amortización:
                        20% (do valor nominal) no ano    2002
                          "              "          "             "      2003
                          "              "          "             "      2004
                          "              "          "             "      2005
                          "              "          "             "      2006

NOTA: A cota extraordinaria cobrarase por recibo bancario nos primeiros días de Maio, se detectades algunha incorrección,  agradecémosvos non devolvelo sen antes aclarar na oficina o posible erro, evitando ó club gastos imnecesarios.
 

Festa de despedida a Gaspar

Como probablemente xa sabedes, as necesidades profesionais do noso vocal de montaña Gaspar Ribé, o forzan a un traslado de cidade e de país. No club tódolos que o coñecemos apreciamo-lo moito e é unha persoa cuya falta vaise notar profundamente. O día 27 de marzo coa complicidade da súa muller, Nuria,  o traximos enganado o club para darlle una pequena festa de despedida. A comida a traxeron os presentes, e a pesar da asombrosa cantidad de cousas ricas que apareceron enriba das mesas, ¡a comimos toda!. Na festa regalamoslle a Gaspar un libro, que fomos firmando todos os que quixemos, unhas figuritas de peregrinos (home para Gaspar, muller para Nuria) e un “ti máis eu” de porcelana de Sargadelos. Todavía houbo outro regalo para o máis pequeno desta entrañable familia: Eloi, o neto. Todos deseamolles a estas excelentes persoas a mellor das sortes e felicidade no seu futuro alá polas terras descoñecidas que lles toque pisar.
 

XUNTA DIRECTIVA

PRESIDENTE
Enrique Soto Campos
 

VICEPRESIDENTE
José López Pérez (Sechu)

SECRETARIA
Lourdes Domingo Vilas

TESOUREIRO
Evaristo Fandiño Pérez
 

SECCIÓN INFANTIL-XUVENIL
Paula Baña Fernández
Juan José Vázquez Araujo

SECCIÓN DE RELACIÓNS PÚBLICAS
José Luis Vázquez Almuiña

SECCIÓN DE CULTURA
Martín García Pérez (Shambala)

SECCIÓN DE BIBLIOTECA
Carlos Fernández Rivas

SECCIÓN DE MATERIAL
Juan Rivas Veiras (Coru)

SECCIÓN DE REFUXIOS
Antonio Jiménez Redondo
 

SECCIÓN DEPORTIVA "MONTAÑISMO"
Gaspar Ribé Bargalló

SECCIÓN DEPORTIVA "SENDEIRISMO"
Miguel Carrillo Pérez
Pedro Rodríguez Ibarz

SECCIÓN DEPORTIVA "ESPELEOLOXÍA"
Lourdes Castiñeira Souto

SECCIÓN DEPORTIVA
"ACTIVIDADES SUBACUÁTICAS"
Alejandro Rodríguez Iglesias
 
 

FEDERACIÓN DE MONTAÑISMO


ASEMBLEA ORDINARIA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO
Celebrouse o 24 de febreiro deste ano. Comenzou cun informe do presidente da Federación, Xosé Lois Freixeiro. Neste informe indicou a importancia de manter ó día os organismos sobre a composición das Xuntas Directivas dos Clubs. Tamén informou sobre a situación do refuxio que a Federación está construíndo na Serra do Xurés, que esperan esté terminado este ano.
Outro punto importante foi a aprobación das contas da Federación, que se realizou anque houbo que explicar algúns cambios de carácter contable.
O calendario de actividades Federativas para o ano 2002 quedou como sigue: 6 e 7 de Abril XXXVII Campamento e Marcha de Montaña (Artabros), 25 e 26 de Maio Marcha con vivac (Trevinca -Vigo), 22 e 23 de Xuño Descenso de Barrancos (Montañeiros Celtas), 15 de Setembro Marcha de Veteranos (Ribeira Sacra) e por último, 28 e 29 de Setembro Marcha Infantil e Xuvenil (Trevinca - Barco).
Léronse os puntos optidos polos clubs durante o ano pasado, e con 230,7 puntos optivo o premio o mellor club de Galicia o Club Peña Trevinca Vigo. Montañeiros Celtas obtivo 181,9, quedando segundo.
Na quenda de rogos e preguntas falouse da necesidade de que a Federación teña outro refuxio na outra Serra importante de Galicia onde todavía non a ten: a Serra dos Ancares.

VI ENCONTRO E CEA DO
MONTAÑISMO GALEGO
Celebrouse o mesmo día da Asemblea no restaurante Rocinante (San Miguel de Oia). Tivo unha nutrida representación do Club Montañeiros Celtas, que estaba arropando ó seu homenaxeado Antonio Veiga, que recibiu das mans do presidente da Federación unha placa Premio á Traxectoria como dirixente deportivo de Club e da E.G.A.M. da F.G.M., pola súa importante traxectoria e dedicación ó deporte do montañismo como presidente do Club Montañeiros Celtas e como primer presidente da E.G.A.M. Tamén se entregaron placas a José Luis Rafael Heras do Club Alpino Manzaneda premio á traxectoria como dirixente deportivo de club e a Xesús Martínez Novas, premio á traxectoria Deportiva. Houbo un premio sorpresa a Adolfo Puch pola súa organización do Eurorando.

Calendario de Maio
5/6  Escalada Iniciación
12/13  Escalada deportiva. Técnicas de Seguridade
26/27  Medio Ambiente en Montaña
 


SECCIÓN DE CULTURA

TERTULIA

DATAS E HORARIO:

 En principio, o primeiro Xoves de cada mes, de 20:30h. a 21:30h., no local social do Club. A primeira tertulia realizarase o día 3 de Maio

TEMA:

  O tema da primeira tertulia xa está decidido e será:  - ¿Que é o montañismo?.

¿COMO SE ELIXE O TEMA?:

 Serán elixidos por medio de votación o día da tertulia anterior. Serán votados entre os anotados nunha folla que estará no Taboleiro de Anuncios do Club. En dita folla, os socios que queiran, poden escribir os temas que propoñen en espacios deixados a tal efecto.

 O tema será elixido por votación na tertulia anterior, por tanto quedará decidido cun mes de antelación.

INTRODUCCIÓN:

 Encargarase a unha persoa prepara-lo tema da tertulia, e realizar unha introducción de entre 5 e 10 minutos para centra-las ideas.

MODERADOR:

É necesaria a súa presencia para evitar que a tertulia quede monopolizada, e curtar discusións sen sentido, ou ben relanzala se está parada.

 Cando varias persoas queran intervir, el será quen otorgue a palabra.
 

CONCURSO LITERARIO

 Trátase de que ós que nos gusta a arte das palabras, a literatura ben en prosa ou en poesía, podamos te-la nosa oportunidade de expresarnos no Club. Non se pretende que participen persoas cun gran dominio técnico, búscase que se alguén ten algo que contar que o faga, sen medo a erros.

Datas: Recolleranse os traballos no periodo do 1 ó 15 de Xuño.

Tema:“A natureza e o home”, por suposto ó título deste tema tamén acolle ás mulleres, trátase dunha expresión feita que non puiden mellorar.

Extensión: Unha folla tamaño A4, cun máximo de 40 liñas.

Presentación: Escrito a máquina ou ordenador, dentro dun sobre no que figure no anverso “CONCURSO LITERARIO 2001”, no interior do sobre adxuntarase unha folla co traballo e outra co nome, apelidos, data de  nacemento e nº de teléfono. Os traballos poderán ser en galego ou en castelán.

Premio: Haberá 3 premios, un para cada categoría:
                -    Infantil (menores de 14 anos).
Xuvenil (de 14 a 17).
Adultos (de 18 en adiante).
 

Publicación do traballo: Os traballos premiados serán publicados no boletín do Club.

 Volvo a repetir que este é o concurso dos que nos gusta escribir na casa, descargar no papel as nosas emocións ou enchelo de cousas bonitas que escasean por tantos sitios. Supoño que, como montañeiros que realizamos unha actividade “tola” para moitos, podemos e debemos fomenta-las outras capacidades tolas como poesía, ensaio, redacción ..., que nos veñan inspiradas por un vivak ó raso vendo as estrelas, unha camiñata na que nos chegan cousas a cabeza difíciles de compartir con xente alonxada do noso mundo.

 Como exemplo de que  buscamos “tolos” con gañas de expresarse, van unhas liñas que escribín un día...

LA NIEVE

Del cielo caen pedacitos de papel.
el suelo cubren y blanco, blando y frío pasa a ser.
Pero lo más maravilloso es el color blanco inmaculado,
Un color que trae paz y tranquilidad,
Renovación, belleza y pureza
Y si al microscopio vemos estos pedacitos de papel,
asombrados quedaremos de sus formas geométricas y bellas.

MARTÍN

SECCIÓN INFANTIL – XUVENIL

Bonita fin de semana! Os pasados 31 de marzo e 1 de abril, a sección infantil organizou unha saída á Serra do Courel, na que planificamos todo, incluído o bo tempo.
Os monitores da sección infantil acompañando a un grupo de trinta nenos saímos de Vigo ás 10 da mañá con destino ó refuxio da Seara. Ó chegar escolleron o seu sitio nos cuartos para logo ir xantar, ¡que xa tiñamos fame!. Ó remataren, e despois da sobremesa, un pequeno paseo (índa que a eles non lle pareceu tan pequeno) ata a fervenza de Vieiros. Pasamos por unha ponte de madeira e botáronse a rebolos monte abaixo.
Logo de chegar ó refuxio, xogos ata a hora de cear. De súpeto. ¿Que é isto? os nenos rebélanse, piden unha reunión cos monitores e ameazan cunha sentada. Ben, reunímonos en asemblea e ó final, todos de acordo: mañá haberá marcha pero non á lagoa de Loucenza (non queren cruza-lo río), iremos facer un pequeno percorrido polos arredores. Logo da reunión, xogo nocturno polas cercanías do refuxio, o Cola-Cao e a durmir.
O domingo ó chegar da marcha, xantamos e despois de recolle-las mochilas, limpeza do refuxio e volta á casa no autobús, amenizados pola música e os bailes de Sechu.
Monitores de la Sección Infantil
 


SECCIÓN ACTIVIDADES SUBACUÁTICAS

TORNEO SOCIAL
DE PESCA SUBMARINA

O vindeiro sábado, 27 de abril, achegarémonos pola mañaciña (9.00 H) ás rochas de Cabo Silleiro para celebrar o noso TORNEO SOCIAL DE PESCA SUBMARINA, ainda que os competidores non sexan moitos, esperamos que tódolos socios que queiran mollarse, traian o equipo básico de mergullo (gafas, tubo, aletas) e se non queren pasar frío na auga, deben traer escarpíns, luvas e traxe de neopreno (e os chumbos correspondentes).
A xornada rematará ás 14:00 h coa pesada do peixe capturado e despois iremos ata Baredo ou Baiona a encher o bandullo.
Se o sábado o mar non estivera en condicións, o torneo aplazarase ó día seguinte, e dicir, ó domingo 28.
Promete ser un bo espectáculo, xa que os mergulladores de Montañeiros Celtas están entre os favoritos para gañar o Campionato Galego de Peca Submarina, a celebrarse no vindeiro mes de Xuño.

Oferta comercial

A “Escola de Mergullo Calderón” ofrece ós socios do Club uns descontos interesantes para realizar cursos de iniciación ou de mergullo deportivo (con botellas). Cantos máis sexades, mellor prezo.
Para máis información contactar con Sechu.
Para os que coñecen este medio xa realizaremos algunha salida conxunta (agora que parece vi-lo bo tempo).
 


SECCIÓN DE MONTAÑA

GREDOS/2001.
ACTIVIDADE DE ALTA MONTAÑA

Saímos de Vigo 30 socios en autocar o día 11 de Abril ás 24.00 h chegando sobre as 8.00 H a o camping “La Guilera” situado entre Navalonguilla e Navalguijo (ÁVILA), nas abas da serra de Gredos Occidental. O lugar totalmente baleiro permitiunos acampar comodamente. Desenvolvimos-las seguintes actividades:
Xoves,12. Como a viaxe non permitira durmir moito, esta primeira xornada pensamos facela suaviña, a modo de quecemento. Como eramos moitos fixemos dous grupos:
Gaspar e outros 20 (Jesús, J.A.Sueiro, Enrique, Ramón, Carmen, Isa, Fernanda, Zoila, José María, Francoise, Jorge, Manuel Bernardo, J.A.Baña, Manuel Cantero, Alicia, María, Fernando, Ana Cid, Nuria e Ana Moreira) saen ás 10 h dirección Navalonguilla, collado Serrano, ascenso o Tormal (2.103 m) e baixada a Bohoyo, onde deciden remata-la pateada ás 17 h. Recólleos o bus para levalos ó cámping, menos a un que perdeuse polo camiño e tivo que regresar a pé pola estrada.
No outro grupo eramos 9 e saímos pouco antes das 11 h. A nosa intención era alcanza-la neve para facer prácticas de piolet e crampóns. Saímos en dirección a Navalguijo e remontamo-lo val en dirección a “Garganta de los Caballeros”, recoñecendo así o camiño para o día seguinte, pero sen entrar nela. Cruzámo-lo río saltando polos grandes cantos e iniciámo-lo ascenso cara un cumio nevado, por unha pedreira sen traza algunha de sendeiro, alcanzamos un neveiro e dinme conta de que os crampóns non deixarían a mochila. Seguimos subindo cun claro obxectivo "El Cancho"(2.274 m) pola súa arista Oeste chegamos ó cumio, o meu reloxo impoñía unha marcha máis viva, descenso pola arista Leste onde atopamos unha ladeira con boa neve e ¡chicos, as prácticas de autodetención! Disfrute xeral e combate con bolas de neve. No descenso, maís pedras ata chegar ó río, seguímolo pola súa beira na busca dun paso preto da fervenza "Chorrera da Lancha", como nos informara un lugareño. O paso non aparece e o Sol vaise, temos que cruzar xa, o primeiro foi David dun bo salto, mais non era fácil e os demais preparámonos para mete-los pés no río, o primeiro Ageitos...¡chof! (un que xa leva a roupa lavada, pensei), as pedras esvaran como se estiveran  enceradas; vou eu sen pantalóns, cun bastón en cada man cruzo o río lentamente buscando os ocos entre os cantos do fondo; a corrente é forte e a auga chégame polo embigo, xa na outra beira deixo a mochila e toca axudar ó resto ¡Aventura no río! David dun lado "en coiros" (por non molla-la roupa) e eu do outro fixemos una cadea eficaz e moi "refrescante", foron pasando: Gloria, Andrea (autora do debuxo), Lourdes, Montse, José (de Tui), Manuel Barrado e outra vez Ageitos que deixara a mochila (menos mal) no primeiro intento; xa todos a salvo quitamo-la roupa mollada, era noite pero o camiño estaba preto e collémo-lo sen problemas, levabamos 4 lanternas frontais e en dúas horas estabamos no cámping (ás 24 h)
Ó longo do día foron chegando en coches outros compañeiros: Escrich, Pepón, Chao, Javier Gil, Miguel e Cristina, desde Vigo, María e Isabel, desde Madrid. Antonio e Luisa viñeron de Portugal acompañados dun numeroso grupo de montañeiros do país veciño.
Venres, 13. Se o día anterior xa foran máis con Gaspar, hoxe foron preto de 50, todos (menos os que queimaron o día anterior) detrás súa, de min non quiseron nada, salvo Manuel. O grupo principal saíu sobre ás  8.15 h dirección a Navalguijo, continuaron por un camiño que gañaba altura, logo colleron a "Cuerda del Campillo" ata ó cumio "Pelado"(2.232 m). Mentres, os dous  saímos un pouquiño rezagados e non alcanzamo-lo grupo xa que tomamos, sen sabelo, outra ruta, a de o día anterior ata a "Garganta de los Caballeros" que remontamos gustosamente ata chegar a "Laguna de los Caballeros", onde xantamos; unha pequena sesta e iniciámo-lo ascenso ó cumio da "Covacha" (2.399 m), estábannos vendo algúns compañeiros desde o "Pelado", que tamén descenderon á lagoa e logo  cinco subiron á Covacha para volver todos xuntos pola “Garganta de los Caballeros”. Nós, desde a Covacha, seguimos un cresterío ata "Castilfrío" (2.324 m), foi un percorrido moi entretido nunha paraxe solitaria e apaixoante, Manuel disfrutou facendo un cursiño rápido de progresión con piolet. De “Castilfrío” descendemos sin descanso polo “Canchal de la Angostura”, baixamos ata o “chalet” no fondo da “Garganta de San Martín”, alí atopamos cerdeiras en flor e unha pista que leva a Tornavacas onde espera o bus. Collemolo  ás 21:45 h.
Sábado, 14. Desplazámonos co autocar, e pasámonos o noso desvío meténdonos na vila “La Zarza”, onde o bus non pode da-la volta se non retiran unha chea de coches. Movilízase media vila e o lugar queda despexado. Chegamos ás inmediacións da “Central del Chorro” na ladeira Leste da “Sierra de Candelario”, alí quedamos 16 para facer unha prometedora ruta montañeira. Outros tantos, con Gaspar, seguen en autocar ata o “Puerto de Tornavacas”. Inician la marcha ás 11 h polo GR-10, pasan por Tornavacas e siguen relaxadamente (moi relaxadamente) o sendeiro ata “Jerte”, chegando sobre as 18 h, alí os recollerá o bus.
Paralelamente, a nosa actividade comenza ás 10:30 h, chegamos á “Central del Chorro” (1360 m), acompáñamos Miguel (compañeiro portugués) que era o maior  do grupo. Remontamos o camiño que sube xunto ó río ata chegar a “Laguna del Barco” que ofrece unha imaxe fermosa có Torreón o fondo do val. Seguimos pola beira do “Arroyo Malillo” seguindo o marcado sendeiro, un estreito do val, onde aparecen os primeiros neveiros, fainos remontar trepando unha parede. Vólvese a abrir o val e unha fermosísima imaxe aparece, é un circo glaciar, todos coinciden na idealidade do lugar. Repoñemos forzas e decidimos subir de fronte, en zig-zag, por unha pala de neve que ascende directamente a corda cimeira, é a “Portilla de Talamanca”, confluencia de tres provincias: Cáceres, Ávila e Salamanca. “El Torreón” (2401 m) está preto, facemos cumio e xantamos. Contactamos por radio as 16:00 h có outro grupo que estaba facendo a sesta. Do Torreón partimos cara ó Norte pola corda, primeiro “La Ceja” (2430 m) e despois o “Calvitero” (2405 m), baixamos ás “Lagunas del Trampal”, zona tamén de gran beleza, seguimos descendendo ata unha lagoa represeda a 2000 m, e pola “Garganta de Trampal” chegamos ó “Regato de la Sierra” e á “Central del Chorro”. Son as 21:10 horas, chamamos ó bus, que nos veña a recoller. Levaban 1:30 h esperando. ¡Síntoo!
Temos encargada unha cea social no restaurante do cámping a que asistimos 53 montañeiros. O remate, o grupo de Portugal nos ameniza a velada con cantos da súa terra. Os galegos no son capaces de dar réplica.
Domingo, 15. Recollida de campamento e fotos de grupo cos portugueses. Saímos cara a Vigo ás 11 h co bus, paramos a xantar en Benavente e chegamos ás 19:30 h, non houbo tráfico, foi unha sorte. O bo tempo fíxonos disfrutar moitísimo de tódalas paisaxes e posibilidades desta boa terra.                                                                          Sechu
 

XVI ENCONTRO PENINSULAR DE MONTAÑA
Vila Nova de Cerveira/ Serra d’Arga
28,29,30 de Abril e 1 de Maio de 2001

PRESENTACIÓN
O XVI Encontro Peninsular de Montaña é un evento ibérico que ten por obxectivo fundamental promove-las actividades de montaña nun saudable ambiente de convivencia e confraternidade entre federacións ibéricas, clubs e montañeiros. Este evento de montaña que se realiza nos anos pares en España e impares en Portugal, vaise realizar no ano 2001 nunha bela rexión do noso país, na rexión do Alto Miño, no concello de Vila Nova de Cerveira e na Serra d´Arga, concello de Caminha. Esta rexión,ademais de reunir un vasto patrimonio ambiental, histórico, etnográfico e cultural e de posuír unha gran diversidade de paisaxes de elevada beleza, encóntrase equipada cun conxunto de estructuras de apoio ó turismo (hoteis, pensións, centros de vacacións, turismo rural, cámping) e de infraestructuras que permiten a práctica de diversos deportes de montaña, garantindo así, o exito deste Encontro por terras Miñotas.
 A localización xeográfica de Vila Nova de Cerveira, ó carón da fronteira coa irmán Galicia e os doados accesos existentes (A-3) permiten ó acceso á cidade de Oporto en menos de 1 hora e á cidade galega de Vigo en 30 minutos.
PROGRAMA PROVISIONAL
 Día 28 de Abril de 2001 – Sábado
Apertura do Encontro no Cámping Rural de Covas – Vila Nova de Cerveira- Recepción dos participantes – Distribución dos recordos individuais – Visita guiada a Vila Nova de Cerveira – Inauguración da Exposición de Montaña – Inauguración do Sendeiro do Alto da Pena – Homenaxe ós pioneiros do Montañismo Portugués – Minifeira da Montaña
 Día 29 de Abril de 2001 – Domingo
Saída da Marcha de gran recorrido – Sendeiro Celta en Vila Nova de Cerdeira – Escola de escalada do Veadoen Vila Nova de Cerveira – Exposición e coloquio sobre Himalayismo por un Himalayista convidado
Día 30 de Abril de 2001 – Luns
 Sendeiro (PR) de Cabeço do Meio Dia en Serra d´Arga – Escola de Escalada de Penice en Serra d´Arga – Fogo de Campo – “Tainada Miñota” - Convivencia Ibérica Gastronómica – Música popular: Cavaquinhos de Lovelhe e Grupo Coral de Venade – Cambio de recordos coas Entidades participantes
 Día 1 de Maio de 2001 – Martes
Mañá Libre – Clausura do Encontro
O lugar de acampada será no Cámping Rural de Covas, en Vila Nova de Cerveira, a 10 Km da Autoestrada (A3 : Braga – Valença do Miño).
 
 

ESPELEOSECCIÓN

Serra de Alcaraz
e Calar do Río Mundo-Cova dos Chorros

 Despois de visitar Segovia, Cuenca, coa cidade encantada, e pequeno percorrido polo río Cabriel, instalámonos o luns pola noite en "Los Batanes" (vila e serra de Alcaraz), onde fixemos base para tódalas actividades. A destaca-la extraordinaria amabilidade e colaboración das xentes de Alcaraz e Riópar. Extraordinaria. Notábase xa certa impaciencia nos doce participantes: Moncho, do Arcoia, Milio, Daniel, David, Verónica, Ana, Xabier, Pilar, Lourdes, Pablo, Carol e Emilio.
 O martes , búsqueda do garda de Medioambiente para avisar da actividade na cova dos Chorros, pateo e localización de cavidades no Calar do río Mundo. Atravesando unha zona con posibilidades de atopar “reses bravas”., que non se deixaron ver. Ademais da espectacularidade, localizamos catro bocas: Chorros, Farallón, Pedorreta e Himeni. Volta á base pola noite.
 O mércores erguémonos e tiramos para Os Chorros a lume de carozo. Ascendemos pola forte ladeira, de bosque de aciñeiras, e entramos na cova, onde nace o río Mundo despois dunha fervenza de 80 m. Inda que a “topo” presentaba certas dificultades, ascendemos por unha fervenza pequena e por unha parede onde estaban instaladas pequenas cadeas. Continuamos pola cova ata descender uns 20 m. por outras cadeas e..... estabamos outra vez na saída. Volta a comenzar e tiramos por outro lado. Atravesamos un pasamáns e ascendemos por unhas cadeas instaladas ata un nivel superior onde atopamos un lago. ¡Que marabilla! ¡Pero estaba sifonado! O cal non impediu que inchásemo-lo bote, aportado polo Arcoia, e fixésemos un breve percorrido polo lago. Seguimos explorando por outros lados  e dimos con outro lago. Máis longo e espectacular co anterior. Máis con tanta exploración, trepe, destrepe e comtemplación coa boca aberta, o tempo remataba e tiñamos que saír. Catro, Moncho, Milio, Xabier e Carol (que polo seu tamaño tivo que facer de remeira rematando derreada) atravesarían o lago para comprobar que era o camiño a seguir cara ó sifón Vera, onde remataría a exploración, como máximo.
 Saímos de noite e aproveitamos, case todos, para asearnos no río Mundo. Houbo quen esperou á xélida auga do lugar de acampada cun vento de norte inda máis frío. Está tolo, dicían algúns. Cea en horario de espéleo e ó saco.
 O xoves, Moncho, Milio e Xabier, voltaron ós Chorros, onde atravesaron tres lagos máis ata un sifonado. ¿O sifón Vera? A topo non era clara. Os demais descansamos/pateamos pola serra de Alcaraz, descubrindo (nós) abrigos rochosos con pinturas prehistóricas, poboados íberos, fósiles espectaculares (ourizos e vieiras de 25cm de diámetro,.... e unha instalación de ferratas nunha parede duns 50 m. Cea e saco.
O venres, ascenso e descenso polas ferratas, e pateo ata as covas da Pedorreta (sifonada case na entrada) e Farallón (sobre unha cortada de máis de 100 m.) Horizontal, con lago e gran cantidade de formacións. Preciosa.
Sábado, recollida e volta, con parada en Toledo. Durmida fronte un cámping, por chegar a deshora, no Sistema Central, con xiada. Domingo, paseo por Ávila e ...Vigo.

Espeleonovas

28/29 abril: XXXIV Campamento Galego de Espeleoloxía, en Mondoñedo. Anotarse no club para enviar lista conxunta de participantes. a máis tardar o mércores 25.
5/6 maio: V Campamento infantil-xuvenil. Organizado por G.E.S. Ártabros. Posiblemente no Courel.

Para participar en calquera dos campamentos é preciso te-la licencia e, se eres menor, permiso paterno.

Lembrade: "O segredo das covas"....
descubrirase o venres 27 de abril ás oito e media da tarde.
 
 

As nosas proxeccións dos Venres

27 abril  ‘O segredo das covas’, pola sección de espeleo. No Club ás 20:30 h.

4 maio  Presentación ‘Operación Benxamín’, pola Sección Infantil-Xuvenil. No Club.

11 maio  Presentación libro ‘Everest. Fuera de la Tierra’, por Chus Lago. No Centro Cultural   Caixanova, Sala de Conferencias, ás 20:00 h.

18 maio  ‘Gredos 2001. Actividade en Alta Montaña’, por Sechu. No Club ás 20:30 h.

25 maio  ‘Expedición de Cañones Tropicales’, por Jesús Sáez. No Club ás 20:30 h.
 
 

Curso de orientación

Procederase a celebrar de novo o curso de orientación que tanto éxito tivo o ano pasado. Para isto  encontrase aberta unha lista no club para que se anoten os que o desexen. Como a vez anterior constará dunhas clases teóricas no club en horario flexible xunto cunha ou varias saídas prácticas. O curso está aberto a tódolos socios, sen importar idade.
Está previsto que con posterioridade o curso se organice a I Carreira de Orientación Club Montañeiros Celtas, con data prevista no mes de xuño ou xullo. Preguntar no club para máis detalles en datas próximas ás ditas.
 


Chegamos a un acordo con esta boa tenda, especializada en material afín as nosas actividades, para ofertar ós socios do Club uns descontos moi interesantes:
Con carácter xeral o 10%, en calzado o 5%
Se facedes o pago en efectivo, o desconto será  do 13%, excepto en calzado ( 8% )
 
 

ALMANAQUE

30 Abril  Saída do Sol 5:14 h, posta do Sol 19:07 h, Lúa en cuarto crecente. Mareas mortas

7 Maio  Lúa chea. Mareas vivas.

15 Maio  Lúa en cuarto minguante. Mareas mortas

23 Maio  Lúa nova. Mareas vivas

29 Maio  Lúa en cuarto crecente. Mareas mortas.

  (Horarios en Tempo Universal, sumar dúas horas para obter o horario local)
 
 

OPERACIÓN BENXAMÍN XXXIV
Curso Infantil- Xuvenil de Iniciación ó MontañismoOrganiza: Club Montañeiros Celtas – Sección Infantil - Xuvenil

A Operación Benxamín está orientada  como unha iniciación ó montañismo, encamiñada a fomenta-la afición ó deporte en plena Natureza e o respeto á mesma. Nela trátase de formar ós participantes dun xeito teórico e práctico nas variadas facetas que presenta esta actividade deportiva.Está dirixida a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 8 e 16 anos.Á fronte deste curso encóntranse monitores do “Club Montañeiros Celtas”, con gran experiencia na práctica do Montañismo e no trato e ensinanza infantil. A experiencia e prestixio que Club Montañeros Celtas alcanzou para desenvolver este curso, vén avalado polo feito de ser este o XXXIV ano consecutivo que se realiza, e sempre con indudable éxito.No transcurso das saídas instruirase ós cursillistas en diversos temas: Medio ambiente, coidado da natureza, convivencia, lendas e tradicións dos lugares visitados, ademais dos temas propios que comprende a realización do montañismo como poden ser: montaxe de campamento, o diferente material empregado en montaña, orientación, marchas, escalada, rapel, etc...

INSCRICIÓN
As inscricións poderán realizarse na secretaría do “Club Montañeiros Celtas” de 19:00h. a 21:30h. de martes a venres ata o xoves 3 de maio. O número de prazas é limitado (a inscrición cerrarase ó cubrirse as prazas). No momento da inscrición satisfarase o importe do curso. É imprescindible posuír a LICENCIA FEDERATIVA para a realización desta actividade.Rúa Marqués de Valladares, 15 – baixo.                        Teléfono: 986 43 85 05
 

PROGRAMA
Venres 4 Apertura e presentación.Proxección de diapositivas no local social do “Club Montañeiros Celtas”.
Sábado 5 Saída de Vigo ás 16:30 cara ó Monte Aloia. Distribución no refuxio. Percorrido pola zona. Charla sobre material de escalada. Xogos nocturnos.
Domingo 6 Teoría e práctica da escalada (marcha opcional). Charla ¿como se fai unha mochila?. Recollida e xogos de despedida.
Sábado 12 Saída de Vigo ás 16:30 cara a Barciademera (Covelo). Montaxe do campamento. Charla sobre a acampada, práctica de montaxe de tendas.  Concurso de cociña. Visión de estrelas.
Domingo 13 Marcha. Teoría e práctica da orientación en montaña. Recollida do campamento.
Sábado 26 Saida de Vigo ás 9:30 cara á Serra dos Ancares. Charla sobre material na montaña. Marcha e xogos nocturnos. Travesía a Tres Bispos (actividade opcional supeditada).
Domingo 27 Ascensión ó pico de Tres Bispos. Recollida e despedida.
15 de Xuño Clausura no auditorio do Centro Cultural Caixanova. Proxección de diapositivas do curso. Entrega de agasallos.

MATERIAL NECESARIO· Comida.· Mochila.· Mochila pequena.· Saco de durmir.· Esteira· Botas (Treking).· Roupa cómoda (chándal).· Calcetíns (finos e grosos).· Chuvasqueiro.· Roupa de abrigo: anorak, ...· Gorra.· Camtimplora.· Lanterna.· Cubertos.· Cantariño.

ACONSELLÁMOSVOS QUE:
É imprescindible levar ROUPA DE REPOSTO (por se nos mollamos).
O CHUVASQUEIRO debe levarse sempre aínda que esté bo tempo.
NON LEVEDES COUSAS COLGANDO polo exterior da mochila, podedes perdelas ou rompelas.
Cando escollades a COMIDA, lembra que na Montaña debe ser alimenticia, de doada dixestión, pouco copiosa e facilmente transportable. Por exemplo: tortilla de patacas, bistés empanados, peixe fritido, empanadillas,  bocadillos, queixo e froita.
O ALMORZO CORRERÁ Ó CARGO DA ORGANIZACIÓN. Tamén haberá leite despois da cea para quen o dexese.
Ter coidado de NON ESQUECER OBXECTOS ou roupa no autobús e zonas de acampada. Calquera obxecto perdido poderá ser recuperado na secretaría do “Club Montañeros Celtas”.
 
 

VINDEIRAS ACTIVIDADES
 

 ABRIL
 
  29 Sendeiro en Vila Nova de Cerveira

 MAIO
 
  5-6  Mar a Mar Etapa 9
  5-6  Operación Benxamín: Curso de iniciación ó montañismo
  6 Sendeiro Mondariz – Vilasobroso
  12-13  Bici de Montaña. Macizo Trevinca.
  12-13 Montaña: Trevinca
  12-13  Operación Benxamin: Curso de iniciación ó montañismo
  13 Sendeiro Aloia
  20 Sendeiro Panorámico do Barco
  26-27  Mar a Mar Etapa.10.
  26-27  Operación Benxamin: Curso de inciación ó montañismo
  27 Loña do Monte –  Virxe do Monte
 
 



Para comunicarse con el club, la dirección es m_celtas@yahoo.com.

Modifiqué esta página por última vez en Abril de 2001.


Pulsa en webmaster para comentarios respecto a la página.